miércoles, 22 de mayo de 2013

O BANDULLO DO LADEAIRO (Cap I)



Estaba pensando en escribir sobre a corte do Rei Artús.  Estaba a pensar eu naqueles cabaleiros, Geofrey, Percebal, Lancelot e demais folladores a destra e sinistra, con aquelas “reinas” e damas mais belidas que as frores das primaveras e o mesmo tempo tan lixeiras de cascos, que, cada cabaleiro que polo seu castelo pasaba, sentíase con dereito a un fregue de unto metido inda dentro da barriga de cada un.
 Deixei de pensar en todo o anterior, e puxen todo o meu empeño no que estaba a facer. Hai cousas que é mellor facelas ben, sobre todo se do que se faga depende a vida do “facedor”. Eu estaba cargando cartuchos do calibre dezaseis, iso xa marca unha maneira de estar e de ser.
 Debiamos ir a desencovar dos seus cubiles a aqueles bichos detectados pola bisbarra, que  ultimamente andaban facendo das súas.
 Tiña que empezar a miña espreita e investigación pola zona de Belois.
 É a comarca de Belois, unha comarca deitada cara o nacente do sol e regada polo famoso regueiro do mesmo nome, que baixa desde o seu nacemento en Val dos Arcos, pasando por Val de Cabritos, A Illande, e Belois con destino final no Tuela.
 Aproveitando que o Tuela pasa por Penascada, diremos que, xusto diante da desembocadura do mesmo, hai un penedo campaneado, debaixo do cual as bácoras de mais de tres kilos adoitan acubillarse cando son perseguidas nas bicadas da preseira do Muiño da Maquila. Agarrábanse coa a mau, se esta tiña uns bons callos.
 Para ir a Belois hai catro camiños: o que vai por Penascada, o que leva a Castrelos, o que desembocaba no prado do meu amigo Céfiro, e o que chegaba a Burgoza (Gurgoza, según o meu amigo Loro).
 Escollí o último, un pouco por pereza, pous era o que me quedaba mai a mau. Acompañado do meu can Sagardúa escomencemos a andaina camiño do descoñecido e coñecido o mesmo tempo. Coñecido porque aqueles camiños foron transitados durante moito tempo e suficientemente coñecidos por os moradores de Val dos Marcos nas épocas en que inda se vivía dos recursos que a Nai Terra, axudada por os homes de boa vontade, que daquela inda eran moitos e bos.
 Saímos pola Canadicha, pasando pola Porteliña e Rozas, deixando atrás as pequenas cortiñas cos chícharos en flor, e os tomates e pementos empezando a abrollar, xunto coas zreixas, guindas e demais froitos da época.
 Co primeiro que nos atopamos foi cun enxamio pendurado no Zreixal do Pepe de A Cancela, no prado da Lavandeira. Aquel enxamio era enorme, pous facía que a galla na que estaba colgado se doblera e case chegaba o chau. Acerqueime a él, e descubrin que tiña dúas reinas, as que, de sútaque, separeronse e cada unha marchou hacia un lugar diferente coa súa cohorte de obreiras, zanganos e demais. Era como unha desbandada que se producía nas Cortes Españolas.
 As lavandeiras en Penelas, estaban lavando. O dia chegaba a albiscar a sombra de todo o que a facía, moi pequeniña. A miña sombra quedaba sempre debaixo dos zamancos.
 Reiniciei o camiño, pasando por debaixo das colmeas da casa dos Marcelinos na Ladeira, e escomencei a subir hacia a Cova de Frade seguindo o camiño da Louxeira e da Burgoza.
 Desde o alto da Ladeira, xa dando cara os avesedos, descubrimos, o can e mais eu, que o noso traballo ia ser árduo. Abaixohabia, coma na Lavandeira, varios enxamios, mais neste caso non eran de abellas.
 Iniciemos a baixada con tento. Primeiro para no roullar e segundo para non espantar a bichuria
 O fixarme no enxamio, que estaba no fondo do Navallo, decateime do meu erro. Aquello non era o que andabamos pescudando. Alí había xente coñecida. Unha coñecida, outra sacábase pola pinta e polas referencias escoitadas nas lareiras nas noites de fiadeiro e arredor da xa famosa estufa do Ti Caxera.
 No medio daquela barafunda estaba Don Germán, cura rexo alí onde os houbera. Estaba tentando explicar o enterro da Cacheira que él fixera en Castromil, tratando de aplacar o regodeo que os conveciños tiñan sobre o asunto. Os tempos artúricos xa eran idos.
 O Sagardúa e mais eu, tíñamos que vadear o regueiro que baixa de Rebordelo, nese interin, perdiámosnos o resto. Eu estaba seguro que aquelo acabaría sabéndose.
 ..Continuará……..

1 comentario:

  1. Manda carallo vintenove, haberá que ler o fin da cousa. Xa o veremos

    ResponderEliminar