sábado, 25 de mayo de 2013

O BANULLO DO LADEAIRO (Cap. II)


Como as visións que tiña, alí no fondo do Navallo e da Burgoza, non acababan de deixarme tranquilo, pous todos aqueles personaxes que rondaban o bosque, según o meu recordo xa estaban mortos. Algúns xa levaban mais de un século producindo malvas.
 Estaba seguro de que estaba diante da Estadea.
 Andaba eu pensando neso, e atopeime cun home, xa morto tamén, que se acercou co ánimo de desenguedellarme aquelo que estaba a ver . Era o ti Carlos, un home de Lubián afincado en Sancibrao e casado cunha muller de Castrelos. Según os datos dos que dispoño esta familia era unha familia liberal e amiga de axudar os seus conveciños.
 Despous de explicarme a diferencia entre a Estadea e a Santa Compaña, díxome que tódolos meses, no lugar no que estábamos, reuníase a Estadea, por eso eu os vía. Solo se deixaban ver por aqueles que coincidían alí naquela hora e que ademais estaban dispostos a difundilo.
 Mira, vouche contar, en parte, quen está aiquí, quen eran, e algúns porqué están agora sufrindo. Non se te debe esquecer que un meu fillo que morreo no seminário de Ourense, contoume cousas e pareceres, que se tés tempo e ganas podo contarchas.,
 Empecemos por aquel corro que está o lado das colmeas  sentados o sol na parede da cerra. Son os cregos que foron, enterrados na comarca, mentres o resto dos mortos andan pescudando cousas e tratando de irse coñecendo, eles siguen tentando que les fagan caso nas súas teimas, pero aiquí parece que ninguén les fai caso.
Aquel que está a medio camiño entre eles e o resto, é o Germán,cura con raíces en Hermisende e familia tamén, que foi o que dixo que ía a Castromil a enterrar a cacheira. Este era o mote que a pobre difunta tiña. Este Don Germán ten varas anécdotas as súas costas. Unha das mais sonadas e que reflexa o seu carácter foi a da defensa de outro cura que tivera un rifi-rafe con un teniente de carabineros.
 Parece que nunha discusión entre o teniente e o crego, crego este que era moi pequeniño, pous cando dicía misa tiñan que porle un talliño para que cheguera os libros cos latinaxos. Na discusión o crego enseñoule a tonsura o teniente para facerse valer, este aproveitando a pequena estatura do interlocutor, escupiule na tonsura. O escarnio trascendeu e enterouse toda a comarca.
 Nunha ocasión o teniente, no camiño de Lubián a Hermisende,alá cerca de Rañalobos, cruzábase no camiño de Don Germán. Este o ver vir o teniente montado no seu cabalo, baixouse do del e acercouse andando o cabalo do teniente, e agarrando-o polas rendas, acercouse o beira do teniente, e sacando o sombreiro, ofreceule a súa tonsura decindolo: Eiqui a ten, escupame nela.Todo esto coa man dereita metida no bolso da sotana durante todo o momento. O teniente, non fixo absolutamente nada, solamente deixar-le o paso. Debeu de recordar a vez que un cura baixou escaleiras abaixa a un guardinha, que tentou chamar-le a atención, agarrado polos pés
 Hai que decir que Don Germán tiña parentes en Lubián aparte de Hermisende.
 Aqueles dous curas que tamén están separados do resto con cara de angustia, sempre están dandole voltas a idea da que inda no están seguros de se existe o ceo ou o inferno, nunca estiveron convencidos das bondades do que decian. Eran cregos porque daquela vivíase ben.
 ¿Ves aqueles que camiñan pola beira do regueiro de Belois? Son antergos falanxistas que non son capaces de acercarse a ninguén por que en vida fixeron grandes falcatruadas, deixando a algúns na miseria e mandando a outros os famosos paseos.
 Disto falaremos noutra ocasión, se segues acercándote por aquí, nos tempos destas xuntanzas.

Foi a tempo a separación naquel momento, enriba  de nos formouse unha soberana tormenta, que se non chega a ser pola choza que estaba no prado do ti Dario, acabariamos cunha molladura das que fan época.

 Continuará….

3 comentarios:

  1. E que non hai coma ter contacto coas almas dos mortos pra poder contar esas historias que doutro modo non teríamos aceso.
    Expectácular imaxinación, Xabres.
    Aperta e bico.

    ResponderEliminar
  2. Os mortos son os únicos que din as verdades, sen cabrear os vivos.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Unha pena isa falla preta na daguerre...

    ResponderEliminar