domingo, 16 de junio de 2013

INTRODUCIÓN.



                                        
                                            

                                                          A  COUSA  MULTIFRONTE

                       
    Nunha época, na que o diñeiro parece o mais importante, eu recordo as ensinanzas dun vello mestre, mais MESTRE, onde haxa mestres, mestres daqueles bós. Aqueles que ensinaban ós seus discípulos a vivir. Vivir sen prexuicios, e sen medo ó que quedaba por coñecer, que a todos os humanos, é ó que mais medo temos.
 Pola bisbarra empezou a asomarse a COUSA.
 Facía xa, unha tempada que a xente se decatara de que algo non usual estaba a pasar.
 Naquel val, regado por un riu caudaloso, deses que se adoitan chamar, rius que brúan cando chove e neva, e van mainos nos meses do estío, de aluvión.
 Naquel val regado por aquel riu, como é de todos coñecido, durante moito tempo, tanto como desde que o arado romano riscaba a a dermes da Terra buscando a maneira mais axeitada de que ésta proporcionara ós habitantes do val, unha subsistencia precaria e dura, así, non por elo menos saudábel, é lediciosa, se non fose por as faladeiras de que nalgures, atábanse os cans con chourizos.
 Na época na que o cronista lembra, nunha xa lonxana e bastante mellor que a actual nalgúns sensos, e cando a vella xeración escomenzaba a querer ensinar a seguinte a vivir, apareceu a COUSA.
 A COUSA, para aqueles que non o sepan era algo… mutante. Isto foi demostrado, como se verá, no traverso dos anos.
 O grandísimo problema para coñecela ou detectala, estaba en que era moi lista, mais que a raposa cabaleira, e mudaba sempre que le conviña de nome. A consecuencia inmediata deste cambio de nome era que, cando se decataba a xente, ela xa cambiera.
 A todo o largo e ancho da humanidade, os nomes da COUSA, sempre foron cambiantes, e solo, despois de acadar os seus obxetivos, era cando a xente se decataba de que xa pasara.
 A todo o largo da historia, poucas persoas se decataron dela, e, menos da metade delas denunciaron ós seus coetáneos a súa existencia. Mais nunca éstes les fixeron caso. Agora sucedera o mesmo. Mais a COUSA segue aí, teimando e acadando os seus obxectivos. O problema é, que os obxectivos son sempre á costa dos mesmos. O pobo que non quere pensar, e tentar vivir mellor cada día, sen pensar que o fin todo é igual.
 A COUSA continúa a facer as súas falcatruadas.
 Tentaremos identificala. Coa axuda de todos.

  ….continuará….






2 comentarios:

  1. Qué cousa cousiña é... En menuda adiviña nos metiches, jeje
    Bo, agardemos que descobras o misterio.
    Bicos.

    ResponderEliminar