jueves, 25 de julio de 2013

¡SO UNHA APERTA FORTE!





 Chorei, chorei, a piques de reventar. As bágoas non abrollaban nas fazulas, os ollos estaban secos.
 Primeiro a maldita noticia. ¡ACCIDENTE!.
 Despous a incertidume. Estaban todos  mortos?, ¿Sufriran moito?. ¿Os feridos, eran moi graves?.
 As nais, os pais irmans, fillos e demais parentes, como estarian. ¿QuéN les ia dar a macabra noticia?.
 As nais, xa estaban desfeitas. Os pais pechaban os puños, hipaban, mais no eran capaces de soltar bágoas. Os irmans andaban alelados sen saber que facian nin que decian.
 Cuando todos o mortos e feridos estaban identificados, o que mais agradecian as nais, pais e irmans, era unha forte aperta sen ningunha verba. ¡So Aperta Forte!.
 Cada cual volve o seu. Hai que soterralos. Hai que velalos, é a última vez para os que non puideron superalo.
 Son tempos duros para os que quedan. Recordanse todos os momentos pasados e vividos con eles. Tardase moito en superalo. Olvidar, ¡Nunca!.
 Son todos meus irmans, meus pais, meus veciños, meus amigos, eu salveime. ¡Non ia no tren!.
 Os feridos, algúns terán mais problemas que outros, mai sairan adiante.
 Ese pobre maquinista, ¿Qué será del?.
 Seguro que él desearia estar cos mortos. Non creo que  a culpa fora del. A tecnoloxia, oxendia e case infalible, pero solo casi.
 ¿Qué pintaba esa curva tan cerrada ahí?
 Sabendo que era perigosa, ¿Por qué a deixeron estar?.
 Meus irmans, pais fillos e parentes que ahí deixeron a vida, estou seguro que necesitan unha boa EXPLICACION.
 Os que quedan unha APERTA FORTE E MUDA

2 comentarios:

  1. Non creo que soio fallase o maquinista, non.
    Por qué unha vía de tren con tramos de alta velocidade o da normal? Por qué non contaba co aparelliño que controlaba automaticamente a velocidade? Estaban ben colocadas as balizas?
    Se puido evitar esa curva cando fixeron o trazado?
    E así se pensamos un pouco seguro que haberá mais preguntas.
    Temo que lle coloquen todos os mortos ao maquinista e enterrar o asunto. Logo, se cadra,veremos alguns cambios nas medidas de seguridade... para mín, que os fallos son varios.
    Respecto a door que se creou, eu non teño verbas.
    Bicos.

    ResponderEliminar