jueves, 12 de diciembre de 2013

¡Catarata, fora!



 Queridos amigos: Desde un tempo pasado, ¡como pasa nesto da rede!, teño pendente acabar o asunto dos lobos na portela de Rebordelo, pero as ideas acumúlanseme no caletre, e non dou feito. Tedes que perdoar as eivas mentales de un vellote.
 Hoxe, solo quero dicirvos que estou programado, na seguride social, inda que intentaron derivarme, para unha operación da que levo esperando mais de un ano.
 Que ninguén se preocupe, solo é unha operación de cataratas.
 Do ollo dereito operoume un ciruxan que corrixiu a desfeita que fixo outro cos ollos da miña compañeira. Gracias a él, ela no perdeu visión. Como foi o que me operou do dereito, dixenlle e digo, que a min non me mete os dedos nos ollos outro ciruxan que no sexa él.
 Pous ben, chamáronme onte, día 11, para operárenme o luns día 16.
 Cando chamaron, seguro que é pola crise, dironme unha serie de instrucións tales como : levar unha bata, levar unhas alpargatas- Como non fun eu quen colleu o telefono pode ser que pediran algo mais, por se é o caso merquei un equipo de ciruxan da señora Pepis, e, o mais importante, recomendado polos políticos que rexen a seguridade social nesta Galicia dos nosos quereres. dixeron que no esquecera de levar a catarata.

3 comentarios:

  1. Leva a catarata pero non esquezas de deixela! :)
    Grande o teu humor, Xabres.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. Xa sabes querida Ohma, que no momento que estamos a vivir, se non é con humor, non seriamos quen de sobrevivir. Non se pode vivir permanentemente CABREADOS.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Pois que vaia ben e que tiren esa velida sen problemas.

    ResponderEliminar