miércoles, 18 de diciembre de 2013

COUSAS DO MEDO


 

O medo, algo que os homes mais aguerridos poden ter, é unha cousa espantosa, unha sensación atroz. E como unha desconposición da alma, un espasmo tremendo do pensamento e do corazón, o simple recordo produce escalofrios de anguria. Solo sucede en determinadas circunstancias anormales, baixo algúns influxos misteriosos diante de riscos indefinidos. O verdadeiro medo e algo así como unha reminiscencia dos fantasticos terrores do pasado. Un home que cree nos fantasmas, e que se imaxine que vei un espectro na oscuridade , sentirá o medo en todo o seu espantoso horror. (Cita de G. de Maupasant, aproximada)
Hai un pozo no rio Tuela, a un par de kilometros antes de que éste chegue a ponte do Cunqueiro, xa nas terras da Moimenta, alí onde apareceron os restos do ti Gonzalo, home farruco e tirado pradiante, que un desaprensivo carabinero, por vinganza, espetoulle un tiro a beira do caboco da Arrequeixiña, e, que, gracias a unha tormenta oportuna para o asesino, que caeo por alí no momento, o corpo foi arrastrado, regueiro abaixo hasta o Tuela e este levouno hasta os fragaredos do Cunqueiro, donde foi atopado pasado un tempo.
 O pozo en cuestión chamanlle; O pozo dos Barbeiros.
E un pozo, coma todos os do riu, formado para que as augas remonten os desniveis do terreo, e que fai un remanso pola marxe direita, hacia as leiras da Fervenza, e no fondo do mesmo antes de chegar o Fervenzón esta o vello vado polo que pasaban os carros hacia as leiras das Lameiras, e as vacas para o couto. Tamén quedan os restos do camiño que transitaban os carros a buscar a cal viva na caleira.
O nome ó pozo venlle dunha traxedia ocurrida nel. Dice a tradición que unha vez andaban dous irmans nadando e agarrando trutas nas cachoeiras do meandro do rio en Chaguazais. No fondo do pozo hai unha laxe bituminosa en  todo o ancho do caudal. Nesta fraga adoitan meterse as trutas mais grandes. Mais a avertura pola que se meten dentro é tramposa para as mans dos pescadores, ten duas averturas que todos os que algunha vez cacheemos alí sabemos. Por unha non se pode meter a man, solo tapar para que a Salmo Fario, non escape, e a man metese pola outra. O noso amigo parece que errou a hora de meter a man, equivocouse de buraco e non puido sacala. O irman o ver que tardaba en sair chapuzou hasta alá e atopouse co irman apreixoado. Tentou sacalo, mais o irman xa case nos estertores aferrouse a él coa outra man e non puideron sair do fondo vivos. Primeiro atoperon o cadavre de un e logo o do outro, que tiña a mau entalada. Os irmans eran barbeiros.
A partir daquel momento, o pozo quedou maldito para as xentes da comarca, e as lendas escomenceron a circular. Unha das mais coñecidas era a que decia que se alguén se metia no pozo, un dos irmans agarrarian-no polos pes e levariano o fondo donde irremediablemente afogaria.
Dous amigos desafiaron a lenda e nunha tarde do mes de agosto decidiron meterse no pozo a nadar, solo por arriba, sen mergullar. Primeiro un, deu unha volta nadando, e cando pasaba polo recanto onde afogaran os barbeiros o que estaba nadando deu un berro decindolle o amigo que non o agarrera polos pés, mais de repente deuse conta de que o amigo estaba inda fora da auga. Nadando como se quixera bater o record do mundo de natación saiu case sen folgos.
O amigo riuse del e díxole que era un medroso, que seguro que acordera dos barbeiros e o medo deixouse sentir no pe Para demostrale que todo era froito da sua imaxinación meteuse él a nadar. Deu varias volta polo pozo, rindo e dando aturuxos facendo de menos o medo do amigo. Este decidiu meterle medo, e as escondidas meteuse na auga e cando o outro estaba cerca, mergullou e acercandose agarrouno por un pé. O agarrado pegou un berro horripilante e quedou teso na auga, cando o compañeiro sacou a cabeza de debaixo da auga, pensou que estaba a xogar tamén e saiu a borda da auga, decindole o amigo que se deixese de facer o parvo e saise, mais o corpo xa empezaba a ser arrastrado pola auga, acercouse a desfacer a broma, mais o amigo estaba morto. Sufrira unha parada do corazón e non houbo maneira de reavivalo.Sentouse nunha pedra da borda e empezou a cavilar na situación. Cada vez estaba mais nervioso e non sabia moi ben que facer, cuando no medio do pozo viu a un dos irmans barbeiros que le facia sinais de que se acerquera a él. Antes de desaparecer no fondo do pozo para sempre, camiñando hacia o barbeiro, soltou unha risotada, que denotaba o estado de loucura no quedera.

3 comentarios:

  1. Logo, van catro mortes xa, non?
    Din que o que ten cú ten medo.
    Esta historia sería magnífica escoitala a carón da lareira, nonsi?
    Bicos, querido Xabres.
    Felices Festas e un Ventureiro Aninovo!

    ResponderEliminar
  2. Non, Ohma, non van catro, os dous últimos defuncioneinos eu, por esixencias do guión. Non sei se algunha vez te metiste nun rio a bañarte, pero se é o sitio un pouco profundo e algo sinuoso, o medo ven sempre por detrás, seguro que é por ter cú.
    Felices festas e que o ano novo non nos afogue moito mais. Bicos

    ResponderEliminar
  3. O medo está aí espreitando por nós e é o pior conselleiro que pode haber.
    Boas festas !.

    ResponderEliminar