sábado, 14 de diciembre de 2013

GOZANDO DO MANOLIÑO


                                   GOZAR DO MANOLIÑO.-

 Hai dias que non teñen desperdicio. Son eses dias nos que, dalgún xeito aprendes algo, sobre todo cando é a experiencia a que ensina. Neste caso foi algo inesperado e cáeo sen buscalo nin esperalo.
 Veredes: Nos fins de semana, caseque todos, adoito facer de comer eu. Na maioría dos casos doume un garbeo pola praza de abastos de Teis onde teño un amigo que é o mellor pescudando os peixes "salvaxes", no Berbés, e ademais de aconsellarme cual debo mercar, sempre me dice como debo cociñalo. ¡Xa son moitos anos de relación de pescadeiro a cliente!.
 Hoxe, como dicía fun buscar algo, e a pesar de ser sábado case non había xente mercando. Debía ser pola hora, era cedo.
 Decidinme por un par de linguados de ración, e mentres o "xefe" limpaba os peixes, a dependenta preguntoume por Sanabria e se facía friu no fin de semana proximo-pasado. Díxenlle que había noites que a temperatura baixaba hasta os -7 º. Alguén preguntou se tiñamos WC, na casa, facendo carallada sobre a maneira de mexar nos dias de xeada, sobre todo para os homes.
 Entón conteilles as situacións que se presentaban naqueles invernos
pola Teixeira, con nevadas e xeadas gordísimas e que de cando en vez, no medio dun fiadeiro había que saír a mexar ó camiño, e había verdadeiros problemas pra atopar a pistoliña, pous estaba reducida a mínima expresión.
 Menos mal que agora hai cuartos de baño- dixo a dependenta- e non pasa como cando se casaron meus avós que foron a pasar a lúa de mel a Boiro, collendo un barco en Vilagarcia. Foron a casa de uns parentes e no camiño a avoa colleu unha boa "furricheira". Como non tiñan cuarto de aseo leváronnos a durmir a casa de outro parente que tiña un no segundo andar. Pra chegar tiñan que por as bucinas coma as das ambulaias ou bombeiros, por se habia atasco.
 O parecer aquelo, que era unha carallada, veulle de perlas a os avós.
 Parece que  naquela época, os recen casados non podían ter relación carnal os primeiros tres dias de casados.
 Dixo a avoa: Menos mal que polo camiño xa probara o Manoliño, pois tres dias eran moito, pero cunha furricheira o lombo no era cousa de andar a xogar co Manoliña.
 Ese trasto da reprodución masculina, coñezole moitos nomes igual que o das mulleres, pero MANOLIÑO, non o oira nunca.

D

4 comentarios:

  1. Tamén aprendo eu hoxe o nome do Manoliño.
    Vai o vello morrendo e vai aprendendo !.

    ResponderEliminar
  2. jajaja nin eu! Tampouco sabía que non podían ter relacións os primeiros tres días.
    Joder vaia tempos mais duros non?

    ResponderEliminar
  3. Ohma: parece que sí. A istoria deberia ser alá polos principios do seculo pasado, e según a rapaza, de mais de trinta anos, a súa avoa contaballo tal cual. Os tempos eran duros, mais se non fose pola "furricheira", seguro que o amañaban mellor. ¿Habia moitas palleiras daquela!

    ResponderEliminar