jueves, 26 de diciembre de 2013

O FILLO DE DEUS


 


A Igrexa estaba ateigada. Non cabia nin unha agulla. Estaban esperando todos que o cura e mailo sacristán sairan da sacristía para celebrar a misa do galo.
Todos estaban engalanados-as, a maioria fachendosos, e algún que outro ben agarrado as columnas da tribuna, para non deixala caer. O viño e mailo cava fora trasegado por varias golas de maneira de canle de muiño, con buracos.
Ali, en primeira fila, sacando peito e coas medallas postas no peito, estaban as forzas vivas, coma sempre, diante e case decindo : eiquí estou eu.
Prometía ser unha boa función, coa igrexa “Mayor”, ateigada esperando a novidade da famosa misa. Pous todo quisque escoitara falar da famosa misa do galo, pero ninguén estivera nela nunca, casi estaba en desuso.
Este ano habia cura novo, según decian pertencente a unha organización relixiosa con apelido de galo pequeno, ou seguidor, según outros do pequeno cura aragonés.
Por fin saiu a comitiva, cura sacristán e dous “monaguillos” con roquete posto, que en realidade eran os que le daban frescura a función, e o mesmo tempo algo de seriedade, eles inda non entendian mais que ó final, terian unhas monedas para si, e uns dulces no convite do fin.
Empezou a misa e chegou o momento da homilia, subindose o crego o estradiño, chamado púlpito. Escomenzou decindo que estaban alí a celebrar o nacimento dun Neno, e que agora parecia que todos os que camiñan polo mal camiño, querian que non naceran, “incluso por ley”, dixo o charlatán.
De sutaque, abriuse a porta “grande” e entrou un home cunha caixa moi ben embolicada, que deixou no medio do medio da igrexa, e coa mesma celeridade con que entrou saiu desaparecendo.
Produxose unha pequena estampida arredor da caixa, pous o que mais e o que menos pensou se seria un acto terrorista.
A máxima autoridade ordenoulle o xefe dos axentes que retiraran aquelo, e este transmitiu a orden que por fin chegou o ultimo numero, que estaba alí de paisano. Como o ordeneran non tivo mais remedio que acercarse, temblando pous o pensamento era o de todo o personal.
A maioria da xente xa estaba fora da igrexa, autoridades e crego incluidos, solo quedaban dentro o pobre guarda e uns rapaces que na súa sencillez non acertaban a saber o que pasaba.
Polas portas a xente espereitaba e cuchicheaba. O guarda acercandose tremia, cuando de dentro da caixa saiu un berro de unha criatura.
Volveu toda a xente a meterse na igrexa, pous a situación dera un xiro de 180 graos. Aquelo era unha novidade, dentro da caixa o parecer habia un neno. ¿Seria o neno do que falaba o cura?
Os primeiros en botarle man a caixa foron os rapaces, que a desfixeron, colleron un neno case, recien nacido, cunha cariña de anxo que abraiaba, mais o collelo deronse conta de que non tiña pernas.
Un dos rapaces apartou a caixa para un cantiño, e cando a deixaba, atopou un sobre entre os restos.No sobre habia unha inscripción: “Para os pais da criatura” Engadindo por debaixo, O Sr. Cura, O Sr. Xuiz, e o Presidente temporal.
Leuno en alto, e sonou unha estrondosa risotada dos que oiron, e tanto os mencionados como algúns outros tenteron facerse coa carta, mais o rapaz entregoulla o xefe dos axentes.
Dentro habia unha pequena misiva :
Dado que vostedes non deixeron que eu abortara, supoño que é polo grande cariño que le teñen os nenos, polo que os considero os seus pais, pous eu non podo mantelo e sobretodo sabendo desde sempre que era un minusválido, e que non teño recursos nin axudas para sacalo adiante. Espero que ustedes o fagan mellor ca min . Non me busquen pous no me atoparan endexamais.
De súpeto alí na igrexa solo quedaba a criatura, os rapaces e unha velliña, que estaba estasiada mirando o neno e facendose cruces. O resto dos feligreses desapareceran igual que a mai do que xa deixera de ser un “nascituro”.

Continuará.................

2 comentarios:

  1. Moi boa historia, Xabres. E así sería se isto fose real. Ninguén, e menos os que non queren o aborto, se faría cargo da criatura. Habería que mandarllo ao Gallardón hipócrita e sinverguenza.
    Bicos.
    Feliz Aninovo, querido amigo!!

    ResponderEliminar
  2. Así tería que ser pero, na realidade, tócalle aos pais apandar coa criatura.
    Estes políticos fan cousas sen pensar.

    ResponderEliminar