viernes, 9 de mayo de 2014

TODO E RELATIVO







¿Está o señor cura?.
Era unha muller sexagenária, a que facia a pregunta a outra muller, diante da casa. daquelas casas que foron desaparecendo da zona rural, nas que viviran os cregos de outra época. En definitiva unha casa rectoral.
 A muller estaba un pouco anguriada. Tiña un problema de orden moral e queria que a autoridade eclesiástica le axudara a resolvelo.
Mira- díxolle a outra muller- o mosén estará na casa pola tarde. Xa lle digo que queres falar con él e que te espere.
Pola tarde, o crego recibiu a feligresa. Ésta estaba bastante triste e contoulle o motivo da sua tristura ó señor crego. Xa sabe vostede que estou viuva dende fai tempo. Os fillos cada un ten xa a súa vida independente, polo tanto estou sociña. Hasta onte tiña un compañeiro, aquel canciño que o meu marido levaba de caza,e que morreu.
Agora queria soterralo, e viña a pedirlle por favor se podia deixarme enterralo no cemitiério. ¡Pero muller- dixo o crego- como podes pedirme iso?¡, Ti sabes de sobra que o cemiterio é solo para os católicos. ¡Non se pode facer iso que me pides.
Mire señor cura, solo pido un currunchiño en calquera parte do cemitério, donde deixar os restos do can de caza do meu marido e meu compañeiro, nos últimos anos.
Xa che dixen que non pode ser.
A muller insiste unha e outra vez, hasta facerse algo pesada para o crego. Entón éste, con a idea de sacala de enriba, dille; mira vai a parroquia veciña, hai alí un crego novo, e como estes novos, tamen teñen ideas modernas, ó mellor deixate un cantiño no seu cemitério.
Cando a muller estaba de volta de haber falado co crego da parroquia veciña, viña bastante leda e atopouse co cura da súa parroquia, que o vela tan contente, preguntoulle a ver como le fora co cura veciño. A muller respondeulle que moi ben, pous ia enterrar o can no cemiterio da parroquia do lado. O señor cura novo pediume cincocentos euros para poder facelo.
¡Pero muller- dixo o vello cura- haber empezado por ahí! Haber dito desde o principio que o can era católico! ¡Esa é a tarifa para cans católicos!.

9 comentarios:

  1. Si, todo e relativo y más, tratándose de dinero. Este abre todas las puertas, incluso hace católico a un can como en este caso.¡¡Que cosas!!
    Saludos amigo.

    ResponderEliminar
  2. ¡Ja, ja, ja...! Habiendo dinero por medio, todo es relativo.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Poderoso caballero... dijo Quevedo. Buen Finde.

    ResponderEliminar
  4. jajaja diaño de cartos! Abre tódalas portas.
    Menudos usureiros eran ou son os curas e toda esa xentiña!
    Cando miña nai morreu no hospital, achegouse unha monxa dicindome se quería que lle rezara un rosario, e eu díxenlle que non o fixera, case tiven que parala pois antes de decires eu algo ela xa ía a encetar o rosario, jaja
    ¿e por qué non queres que llo rece si bla bla? Eu tratei de seres diplomática pero non lle faltou moito para que lle dixera "se llo rezas GRATIS adiante, non hai problema!".
    Ao fin liscou co peto valeiro. :)
    Moi bo o conto, Xabres.
    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Eres boa amiga, por iso crees que os contos meus son bós. O dos cregos é outro cantar.

      Eliminar
  5. Gustoume moito o relato, ten a frescura e o inxenio do cotián, conéctanos coa nosa cultura, co xeito tradicional de trasmitir as vivencias que, se ben se protagonizan en primeira persoa, acábanse rememorando logo, ao carón das lareiras indefinidamente, xeración tras xeración, pola colectividade.

    ResponderEliminar