viernes, 3 de octubre de 2014

LABREGO INCIPIENTE ANOXADO


                          UN APRENDIZ DE LABREGO ANOXADO
 

Ano, de non gracias, mil novecentos noventa e catro mas vinte. Está enfurruñada conmigo, penso eu, ainda que ó mellor tamén é con alguén mais.
Dediqueille todo o veran, os tres meses, incluidos os dias roubados a primaveira e o outono.
Trateina co mor dos cariños, cariños que eu coñezo e que o mellor non son os debidos, labrada con xeitiño, estercada co que din é o mellor, o esterco de vaca, en fin traballada con todo o esmero que un profano con ansias de facelo ben pode por sobre ela mesma. E viroume as costas.
Non me queixo por min, porque en definitiva son un verme pequeño e sinxelo, queixome tamén por aqueles que me acompañeron na aventura.
Amiga Gea, eles non tein a culpa, de que non me queiras, mais, o vengarte de min tamén o fixeches deles.
Pode ser que ó mellor, sufriras presións de Cibeles, non cho sei,(por aquelo dos nomes) pous os vosos designios solo vos os sabedes. O caso é que por unha cousa ou outra non nos axudestes muto.
O problema estendeuse a toda a Alta Xeabra. Por referencias, pasoulles a todos, ou case, o mesmo.
Mira, os tomates. Os tomates full.
Os pementos. Os pementos igual.
As fabas, tres cuartos do mesmo. Inda teñen flor algúns, e o maio xa vai a punto de voltar.
Uvas, as que non tiñan mildiu, tiñan botrite e algúnha carallada descoñecida.
Cando chegan os fungos, todo prometia. Colliamos os Boletus edulis, con magnifica planta, rechonchos e con chapeu como di o Raxoi que manda deus, mais unha vez que chegaban a casa deixaban de ser.
As Lepiotas o mesmo.
As mazás, apodrecian na mazaira. As peras igual.
Amiga Gea, coido que te estás trabucando. Os teus inimigos non somos nos, pequenos e vulgares vermes que escarbamos na tua casca. Fíxate ben, que non son os nosos anceios e traballos os que fan que te sintas mal.
Date unha volta por outros lares,lares que non te cuidan, deitan sobre tí todo tipo de detritus, acompañados de gases inconfesables, e non lles importa un carallo a túa dignidade, solo pensan neles mesmos.
Fixate se son cabróns que se rouban uns os outros, mais todos eles uns e os outros rouban-nos a todos, Incluida ti amiga Gea.
Fala co coxitranco dos pés alados que coido que o coñece todo, ou polo menos escoita daiqui e dalí, que che conte o que sabe, e de paso pasasnolo, pous podemos subilo o facebuque ese.
Unha beijoca cariñosa, e perdoa a maneira de dirixirme a tí. Xa sabes da miña torpeza.-

4 comentarios:

  1. A nai Terra empeza a estar embelenada aquí e acolá.

    ResponderEliminar
  2. "Envelenada" quero dicir. Ao final os cartaces que aparecen por todas partes acaban creando escola.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Entendera a primeira. Recordos a Leo e mais Xela.

      Eliminar
  3. Semella que non se deu ben a colleita, Xabres, :) Pois sí, se cadra a Terra está ate os miolos do comportamento humán.
    Unha aperta ben forte.

    ResponderEliminar