martes, 9 de diciembre de 2014

LEMBRANZAS



 
                LEMBRANZAS DUN PROXIMO PASADO-

Este fin de semana pasado,fun a Alta Xeabra, pensando que, o mellor, podia embaucar algunha perdiz ou coello, e de paso trochar algunha xesta urz ou carqueixa. O fin so quedou esto último.
Como pola zona de Val dos Marcos, pola insidia dalgunha autoridade amiga de gastar o que non é dela, en camaras detectoras de incendios, e que o axuntamento en referendum non autorizou, pensase que tratou de vingarse cun incendio horroroso que partiu dunhas leiras de Portugal de rastrolla, e que os especialistas de Tragsa non foron quen ou non quixeron sofocar. (Faladurias hai para todos os gustor, mais todas na mesma direción)
Algún dia que teña ganas, deberia pedir as facturas de apagar os incendios na zona, e do coste das famosas camaras. Casualidade que solo ardera na zona que non as autorizou... ,
O non poder cazar en Val dos Marcos, decia, fun o terreno da aldea da miña nai, A Teixeira, a cazar pola banda  do Fillabal e Outar de Lobos. Deambulando de unha banda para outra, acabei no cimo dos prados de Meixende de Hermisende, por mor dunhas perdices que xa saben latin, e teñen en mellor estado as suas as que as miñas pernas.
O medio dia senteime a comer un bocado de pan de centeo cun cacho de chourizo que generosamente puxera a miña disposición a amiga Ción a famosa cociñeira da Casa do Cura en Hermisende, barrio de Santa Maria. As boas relacións entre o barrio de Santa Maria e o barrio de San Ciprián, coñecense por estas pequenas grandes cousas.
Senteime nuns penedos, nos que xa fai anos, estivera tamén comendo algo con tres amigos que xa nos deixeron fai tempo: O ti Pedro da Teixeira, meu tiu Luis e meu irman Xeria. O ti Pedro daquela xa rondaba os oitenta anos, e inda le tirou o ruido dun coello, que foi colgado debidamente.
Mentras comiamos, contounos un conto que parece que correra pola banda baixa dos Moares, alí donde escomenzan os montes de Montesinho. Parece que habia un contrabandista que pasaba o trelo polas noites, cuanto mais oscuras mellor. Pra camiñar por aqueles riscos parece ser que tiña amaestrado un Coco Relumbrón que era o que le daba luz nos pasos dos rigueiros. O Coco como o tiña nunha gaiola  alimetabao dos mellores produtos para cocos relumbrois, era de unha polegada de grande, e alumeaba mellor que un candil de carburo solo hacia o chao, cousa que era boa pous non os bislumbraban desde lonxe e os carabineros e guardiñas non os daban pillados.
Pensando naqueles tempos acabei a vianda, e voltei a trochar monte. As perdices facian escarnio e mofa de min. Levanataban voo, cando estaba enterrado no monte, e cantaban cando eu estaba na outra banda dos rigueiros. Incluso algunha, mais amiga do escarnio, deixabase case coller pola Lupa, sabendo que eu no seria quen de zorregarlle unha chumbada.
Unha vez que cheguei a conclusion de que aquelo xa non daba mais de sí, decidin volver para a casa. Xa case era hora de cenar, e como os cartuchos seguian na canana, cada vez pesaban mais.
Volvendo hacia o coche, que deixera na portela chamada da Teixeira, e xa entre lusco e fusco, na haba de Outar de Lobos descubrin tres homes paseando e esperando a que eu pasara por onde eles estaban. Coñecin-os rápido e o mais novo deles guiñome un ollo, como era o seu costume, sinalando para miña percha de caza valeira.
Tentei disculparme con él por non adicarle un sorriso a finales do mes pasado. Fixo un xesto que decia “non te preocupes”.
Fora o aniversario do seu pasamento, xa vai un feixe de anos.

4 comentarios:

  1. Tiven que buscar por Internet para saber o que era o coco relumbrón jajaja
    Aínda que non cazaras dame a min que desfrutaches da saída ao monte.
    Eu disfruto léndote.
    Unha forte aperta querido Xabres.

    ResponderEliminar
  2. Alégrate porque por aí aínda tedes perdices, da miña zona (en Sober) hai anos que desapareceron.
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Raposo, non teredes perdices pero tendes un viño que é unha marabilla.

      Eliminar