sábado, 17 de enero de 2015

CANDO TOCAN A SINOS

                               


 O val era percorrido polo rio, que tamén definía as terras de todos os lugares a ámbolos lados que constituían o concello.
 Desde uns cantos dias atrás, toda a xente da bisbarra estaba alporizada, e medorenta co que estaba a suceder, e que ninguén era capaz de darlle unha explicación razoable.
 Os cinco lugares que conformaban o concello, eran a mesma parroquia, aínda que cada lugar tiña a súa igrexa. Unhas  mais aparentes que as outras, pero todas cunha cousa en común: O Sagrado arredor da igrexa.Na parte de poñente enterraban os cregos, e na do sur os cristiáns, sendo enterrado na zona do norte os que non eran nin cristiáns nin coñecidos.
 Como decíamos, desde facía un tempo tódolos Venres, as doce da noite soaban a campás con son de sinos.
 Unha semana nun lugar outra noutro, e así pasando por todos hasta volver a empezar.
 Primeiro o crego, despois a guarda civil, cada venres apostábanse nas igrexas, para ver quen era o gracioso que se dedicaba a tocar as campás. sempre co mesmo resultado nunca eran capaces de ver entrar a ninguén na igrexa, e o chegar a media noite as campas soaban a mortos.
 Nun dos lugares vivian dous mozos que se tiñan eles mesmos, e algúns veciños tamen, como valentes e destemidos.
 Eran moi amigos e, deles os dous, contabanse e non se paraba, cousas cribles e incribles, feitas por eles. Se todo o que se decia fose certo, abofé que eran valentes, valentia raiana coa inconsciencia.
 Unha noite, despous duns bos xerros de viño quente con mel, uns sapiños doces, e todo ó fin regado para a sua conservación, con uns bos grolos de aguardente, decidiron que o próximo venres  irian cada un a unha igrexa, nas que podian soar as campás. Eran as que mais probabilidades tiñan.
 Botaron-o a sortes, e a un deles tocoulle a igrexa da sua aldea.
 Armado coa espingarda de caza, canana a cinta chea de cartuchos, e unha petaca de aguardente para escorrentar o frio, encerrouse na igrexa unha hora antes da media noite. Decidiu agacharse no púlpito desde onde vixiaba ben toda a igrexa. Recostou a espingarada contra unha das paredes e sentou nun talliño que subira ó pequeno recinto do púlpito esperando acontecimentos.
 Cando chegou a media noite chamoulle a atención un ruido como de goznes, xusto debaixo da porta carral da igrexa. O mirar viu que unhas lápidas movianse e deixaban oco, por donde saiu un esquelete que sen perder tempo turrou da cadea interna das campás empezou a tocar a sinos.
 Acabou de tocar e foise a sacristia da que saiu nun par de minutos vestido con as roupas talares que os cregos usan nas misas de defuntos, e dirixiuse o altar.
 Cando o cazador apostado no pulpito se decatou, a igrexa extaba totalmente abarrotada de esqueletes envoltos en hábitos brancos, esperando o inicio de unha misa.
 De súpeto o cura que ia decir a misa, volveuse hacia todos e con voz tremula dixo: Hai un cheiro a humano entre nos, e empezou a buscar por todolos recunchos, hasta que por fin subiu o pulpito donde atopou o mozo valente, que de tanto medo como tiña xa se olvidara de que tiña unha arma e estaba a tremer.
 Foi unha boa idea que viñeras, - dixo o esquelete.cura - necesitaba que un humano me axudara na misa, ¡Vas ser ti!.
 Unha vez acabada a misa a igrexa quedou valeira, so quederon o axudante e o esquelete-crego, que le dixo o primeiro: gracias a túa colaboración, hoxe puiden decir a misa, e estas ánimas que solo necesitaban unha, xa sairon do purgatorio, e todo pola tua colaboración a hora de axudar a misa. Solo o podia facer un encarnado. Ahora eu tamén me irei para sempre, e as campas non volveran a soar de noite. Solo soaban nestes dias pois cando eu fora cura desta parroquia, non dixen todas as misas que me foran encargadas polos parentes dos defuntos, e mentras non as dixera, eles e mais eu estariamos pendentes de poder cumplir coas promesas.
 Xa te podes ir. Eu diriate que antes de verte con ninguen, pases pola tua casa e te cambies de calzoncillos, pous eses que levas deben estar en mal estado, xa emèzan a cheirar demasiado.
 A partir daquel dia non volveron a soar as campás.
 O mozo fixose moi reservado, tanto que solo sabia decir: Vou cambiarme de roupa, axiña.
 Pasados uns anos, o arreglar a pintura da igrexa, os pintores atoparon unha espingarda no pulpito.

3 comentarios:

  1. Vaia historia. Non me extraña que tivese que cambiar de pantalóns.

    ResponderEliminar
  2. Glup! Eu tamén digo que non me extraña q se cagase o rapaz, jajaja
    Estas historias son boas para contalas a carón do lume unha noitiña de inverno.
    Bicos Xabres.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que linda historia los curas no sabían como sacar dinero yo de pequeña pase mucho miedo pues tenia la Iglesia cerca de mi casa y me contaban historias de las animas

      Eliminar