jueves, 19 de febrero de 2015

O CURRICULUM VITAE

                                   Enguedellando o Asunto

  Queridos amigos do universo gugueliano: Quero deixar constancia de como atopar traballo, sinxelo, ledicioso, e sen correr demasiado polas o. de emprego.
Hoxe iniciei a miña ruta de rebaixar algúns gramos de peso, pois parece que xa case está entre nos a primaveira.
Sain da casa, equipado con chandal e un monton de roupa debaixo, embutido cual corazón de cebola, pois o asunto, mellor dito os termómetros estaban rozando os 0º, as nove da mañá.
Iniciei a mañá camiñando hacia a beira da ria, na praia da punta. Antes de chegar atopeime cunha patrulla de traballadores, coido que do axuntamento, ou de contrata pra o mesmo, arreglando a rúa (nótase que hai elecións dentro de pouco). Deitaban chapapote e extendiano pra quitar os baches e que a cousa quede bonitiña.
Habia un rapaz por alí con chaleque reflectante, e casco branco de obra, e nunha man unha carpeta e un metro na outra, mirando e dando algunha instrución.
 Este é o xefe-dixen pra min- acerqueime e pregunteille se teria traballo pra min. Miroume con cara incrédula, e pra animalo espliqueille: Non tendeis ningún vello mirando, eu xa son vello e podo facelo. Incluso se pagades ben animovos.-- -Mandenos o C.V.,o concello e logo falamos.
 Coa cabeza gacha, lisquei cara a ria,polo mesmo camiño, donde uns quinientos metro mais adiante atopei outra cuadrilla que estaban coa mesma rutina. Como acababan de botar cemento pregunteilles se podia pisar e deixar alí a miña pegada, decindo que non lles cobraba nada polo traballo,. Foi inutil, tamen me pediron o C.V., Cheguei os terreos da vella ETEA, donde astaban tres persoas a mariscar, solicitei traballo, mais a resposta foi case igual; C.V. ó canto é solicitar na conselleria un permiso, noutra unhas pólizas, total nada de nada.
 No grupo habia unha muller, que se apiadou de min e díxome:Cando chegue cerca da igrexa de San Salvador de Teis, a carón da mesma hai unha tasca, é miña-Estarei alí en media hora, doule traballo de probador de croques, almexas e algunha navalla.
 Aceptei o traballo.
 O pasar tres cuartos de hora fun a tasca, donde xa estaba a patroa. Dixo que xa estaba preparada a proba, que podia escomenzar o traballo.
 Nun canto do local nunha mesa estaban uns pratos con ameixas, navallas e unhas nécoras, que inda fumegaban. Cumplin co meu novo traballo, o parecer con cara de satisfación.
 ¿Que, estaba todo bo?
 ¡Caralludo!
 Agora facemos as contas.
 Vale.
 Son cen euros o que ten que pagar.
 ¡Coño!, ese non era o trato.
 O meu sí, sobretodo cando le ví a cara de satisfación.
 Oes comin sen viño. Non che pago se non traes a botella de albariño.
 Solventado o erro, pagueille o diñeiro. Detrás da muller xa estaban do concello e da xunta reclamando a súa parte, e alguén que reclamaba un alquiler ou algo parecido.
 A pobre muller quedou sen nada. Cando quedemos solos díxome, xa vei vostede trabucou a maneira de pedir traballo, eles con menos esforzo levaronse os seus cartos e o meu esforzo.
 Saí dalí pensando en presentarme as próximas elecións.
 Non Piden Curriculum Vitae. (Así nos vai)

No hay comentarios:

Publicar un comentario