miércoles, 29 de abril de 2015

CARALLADAS




 Un vello dito acrata di: PARADE A TERRA, QUE ME QUERO BAIXAR.

  A min agora pasame o mesmo (inda que non renuncio a miña sangre ácrata) se podo baixome:
 Co que estamos a ver e ler nos medios de comunicación, o meu estómago xa non da pra mais.

 Independentemente dos desastres naturais tales como terremotos e demais(non quero pensar que as forzas económicas teñen algo que ver)  o que mais me “fode” son os humanos, algúns humanos.

 Todo o que se move, incluso o que non sabemos, pode ser que sexa meneado, querendo ou sen querer por eses individuos que pensan que o mundo está aiqui para o seu disfrute, e os demais son comparsas para o seu regodeo.

  Morre xente nos terremotos, os barcos enchen os mares de chapapote (o mai grave é que en España donde afectan os últimos desbaraxustes de barcos, estanse a seguir punto por punto as demenciais prácticas xa coñecidas de mandar os barcos “o quinto pino”.

 Esa “merda” que algúns chaman mercados, referindose os mercados bursateis, que por certo xa perderon a sua razón de ser. Son entes espureos que xa nonteñen cabeza. Teñen cabezas como as hidras, e cada unha desas cabezas pensa de un xeito sistinto, pero sempre igual na maneira de asoballar os mais febles.

 No pais, que todos dicen demócrata por excelencia, hay unha liorta a raiz de feitos e desfeitos racias. Os brancos inda seguen a considera os negros como animais de carga. ¡Joder  cos descententes do Mayflower!, que o parecer xa olvideron as suas orixes. Se ese pais é o mais democrata, e unha razon de peso para pedir que esto se pare que eu baixome.

 O gregos afoganhos economicamente, incluidos alguns gregos de grandes capitais, que non queren mais que vivir ben eles. Como a  CEE, non é capaz de facer que o Varufakis, de  o brazo a torcer, ameaza a todo un pobo a pasalas putas como xa fixo nun pasado reciente e agora négale o pan ós de abaixo, cando os de arriba seguro que teñen os cartos nun banco dese pais o que me refeŕi antes.
 
  Como non teño mais ganas de escribir, por si é o caso, repito:¡ PAREN ESTO QUE ME BAIXO!

1 comentario:

  1. Eu non acostumo falar de política que quero estar tranquilo pero tamén falo de canda en vez como cando falo da idea brillante dun campionato de valley praia en Vilaguindastre.

    ResponderEliminar