miércoles, 29 de marzo de 2017





                                        MULHERES XABRESAS.

Era a época da sementeira. Andaban os homes, os que quedaban e inda servian pra algo, afanados en sementar o centeo.
Non en todalas casas habia homes que inda serviran pra facer as faenas agrarias de: levar esterco, despous de arrancalo das cortes, estercar as leiras, acubrilas e sembrar o grao.
Nas aldeas da Alta Xeabra, desde a época dos Zoelas, xa as mulheres, aquelas que vislumbraban que se podian quedar solteiras, tiñan un medio efectivo para asegurarse unha senectud medianamente pasable, e dicer, o equivlente a seguridad social actual. Adoitaban ter un fillo, ou filla, sen importarle demasiado que podia sero pai. O importante era telo fillo-a.
Aquelas mulheres, aparte de asegurarse a seguridad social futura, pra non morrer de fame ou como elas decian; morrer como un can, no medio da rua. Por si non vos desteis conta, tamén aquelas mulheres, eran conscientes de que o futuro dependia delas.
Eran mulheres que aparte de levar as cousas da casa, sembraban, non solo o centeo, senon o liño, as patatas, segaban a herba, acarrexaban a herba e o centeo no seu tempo, arrancaban torgos, e non se arredaban ante ninguen, nin tanxiquera ante os recaudadores de impostos,que chegaban os concellos a cobrar, e o primeiro que facian era deitar enriba da mesa unha pistola do nove largo, pra acollonar a todos os que non estivesen de acordo, ou se repucheran,
Eran mulheres de pelo en peito e de armas tomar que non se deixaban acollonar por homiños con zapatos de charol.(O de pelo en peito e unha figura literaria)
Unha de aquelas mulleres, que xa solicitera ter seguridade social nun futuro, nesta época de sementeira foi a sementar unha leira, na veiga correspondente. No medio da faena, a sua solicitude de pension de vellez, foi aceptada, e, ali mismo o que cando  chegara o dia da pensión tiña que axudala veu, e decir puxose de parto.
Pariu, embrullou o neonato no mandil, montou o arado enriba do xugo da xunta de vacas e, donde marcheran, tres o monte, retorneron catro.
Cando algún daqueles “machiños” que inda agora quedan, quixo facer mofa sobre o nacemento da criatura, e non se diu conta de que a muller estaba no local esperando pra pagar a contribucion, recibiu un soberano soplamocos que fixo que a sua soá medira unha parte do piso. Cando o home da pistola do nove largo quixo reacionar, atopouse con outro rijostio, quiteronle a arma en on puido cobrar mais impostos pous desapareceronle os recibís deenriba da mesa. Como él decia mais tarde, aquelo non foi o peor, o peor foi que, durante uns meses non atinou a mascar cousas de morder. Os dentes caeran polos furados das taboas do chan a corte, dos porcos.
 As cousas atraense unhas as outras; Dentes de porco cos dentes de porcos.


2 comentarios:

  1. Inda lin onte un libro que falaba das mulleres Pasiegas e debían de ser do mesmo tipo: mulleres de armas tomar.

    ResponderEliminar
  2. Muy buen relato amigo Xabres. Lo entendí a la perfección. Mujeres de armas tomar las hay todavía.
    Por si acaso a mi que no me "calienten" mucho que me lío a dar soplamocos...jajajaja.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar