miércoles, 26 de febrero de 2020







                                   CAZANDO NA TEIXEIRA CO TI PEDRO.

 Decidimos, meu irman e mais eu, ir de caza a Teixeira, terra da nosa mai e donde eu nacin. Eu falárale da época da miña infancia, e daquelas noites de inverno, que invariablemente  todas, miña avoa, miña tia e mais eu, despous de cear iamos o fiadeiro a casa da tia Xabel e o ti Pedro que daquela vivian cos fillos: o Domingo e mais a Joaquina, pois os outros dous fillos que tiveran, un morrera no rio Gamoneda e o outro estaba traballando en Asturias,
 A min encantabame escoitar as aventuras de caza do ti Pedro, que, con bon verbo e moito xeitiño me contaba os seus andares pola Serra, a raia portuguesa, os Moares e demais lugares do termo do pobo.
 Abofé que era un cazador dos verdadeiros, non podia gastar un cartucho se o cobro da caza non estaba asegurado, pos o diñeiro non abondaba, e a necesidade de comer carne que non fora de porco, era eso, unha necesidade vital, pous os rixelos e os becerros habia que vendelos, se non obligaban as veces a entregalos a precio irrisorio.
 Contabame p ti Pedro o dificil que era cazar a pita do monte, eran moi listas e non se deixaban ver, salvo na época de crianza, cando o macho as chamaba para "galealas". momento en que se puña o descuberto e perdia a noción do perigo.
 Cheguemos, meu irman e mais eu a Teixeira, e fumos a buscar o ti Pedro, para que fose a cazar con nos. Aceptou sen antes advertirnos de que xa via mal, pous os anos, segun él non pasaban en balde.
 Decidimo ir a cazar a Portela, no limite co terreno de Hermisende.
 Meu irman tiña un can coelleiro moi bo e o ti Pedro unha cadela que non le iba a zaga. Eu coma case sempre cun Perdigueiro de Burgos, pero ibamos os coellos.
 Cheguemos o lugar que dixo o ti Pedro, pous como podedes comprender él era o xefe, quen organi-
zaba. A sua experiencia era o mais importante para nos, aparte de unha grande satisfacion de cazar cunha lenda viva no eido da caza. Hai que decir que o ti pedro xa rondaba os oitenta anos  e non se cansaba de decir que xa lle fallaba a vista.
 Distribuinos arredor dunhas pedras de pizarra que bordeaban un pequeno regueiro,  incitou os cans a que buscaran entre as urces e carqueixas que ali habia. Non tarderon os cans en dar os primeiros ladridos anunciando o levantamento dun coello.
 O coello intentou zafarse por donde mais monte habia, nos non o albisquemos e de sutaque o ti Pedro, disparou a sua espingarda, e casi automaticamente a sua cadela saiu do monte co lepra na boca
 Asi tres veces consecutivas, non nos deu a oportunidade a nos de poderle disparar a ningun coello.
 Decidiu que como xa tiñamos un coello para cada un debiamos suspender a cazata, cousa que fixemos.
 Camiño xa do pobo, eu dixenlle: Ti Pedro vostede di que xa case non vei, e nembargantes nos no tivemos, nin ocasion de ver o gazapos e moito meno de dispararle. ¿como é eso?, o que o ti Pedro contestou con bastante sorna non esenta de humor : dixen que via mal, pero non que estivese xordo, nesta altura da miña vida, xa me guio mais polo ruido e polo tanto polo ouvido, que polos ollos.
 Nunca averigüemos se nos engañaba ou non.
 Xa vai mais de cuarenta anos que o ti Pedro morreu-
 Un recordo agarimoso.

1 comentario:

  1. Pois quedaremos coa dúbida de se enganaba ou dicía verdade o ti Pedro.
    Benvido de novo ao blogomillo que xa miras que está medio morto.

    ResponderEliminar