viernes, 24 de julio de 2009

O GRAN TESOURO DE FONDODEVILA EN HERMISENDE

Falóuse muto do tesouro achado polos Pericas. Eu escutei de todo, sempre, o que despous cheguei a entender, sin gran fundamento.

Vai uns poucos anos, nunha ocasión que o Jesús Perica estaba comendo no Mesón Jabalí, de meu primo Marcelino, sentado na mesma mesa, estabamos nos, é, nun momento determinado, etrou na conversa o asunto do tesouro dos seus avós.

Pregunteille qué sabia él do asunto, e díxome que pouco, só o que escoitera cando era rapaz os vellos da casa.

Según eu entendin, os seus antepasados tiñan, e ainda tein, un prado na parte NO de Hermisende, no lugar que creo que se chama “o Escurrideiro”; no prado referido, había untocón de un castañeiro, do que prácticamente solo quedaban as raíces, o que decidiron arrancar, para limpar a zona.

¡Menos mal que daquela no habia escavadoras nin retros! Para arrancar as raíces do vello castañairo trobo, fixeron-no todo a base de pico é pala.

Cando xa case o tiñan escavado, e xa se movía o tocón, deronse conta de que entre as raices, e no medio da parte troba, habia una ola cuberta cunha louxa. Enonces puxeron cudado en no estragar o achádego, e cuando o poideron sacar resultou que case estaba cheo de unha pedriñas, algo raras.

O meu amigo Perica, non sabia exactamente o que habia dentro, mais o parecer, alguén da familia douse conta de que podian ter un valor importante.

Puxéronse en contacto con uns “ourebes” de Bragança, que viñeron ver aquelo, e sen mais ofreceronle unha cantidade bastante importante de diñeiro por todo.

Jesús tampouco soupo, ou non quixo, decirme a cantidade, mais na comarca correuse a voz de que le deran mais de un millón de pesetas. Hai que ter en conta de que estamos a falar dos primeiros anos do seculo pasado. Un millón, daquela facía millonario , no mais amplo termo da palabra, a quén o tiña. So téndeis que pensar que os xornais de un bó especialista, daquela gañaba un xornal de menos de cinco pesetas/día. Habia que traballar douscentos mil días para conseguilo.

Se non me falla a memoria, quen comprou aquelo, foron uns “ourebes” chamados os Toureiros, con residencia en Bragança.

Xaestiven varias veces nesta fermosa cidade portuguesa, e nunca atopei ese nome por ningures. O dia que o atope, abofé que entrarei a inquerir algo.

Aproveitando, que se fala de Bragança, querovos recomendar, se ides por alí, non perdais a ocasión de visitar a “domus” romana que hai no castelo, é unha maravilla de conservación. Tamén vos recomendo buscar un viño da denominación de orixen Tras os Montes, se pode de ser que leve uva trincadeira mellor, é xa veredes que bos viñoas hai na zona.

2 comentarios:

  1. Manuel João Afonso, sou de Zeive e ouvi o meu pai falar desse tesouro mas desconhecia que tinha sido vendido a ourives de Bragança.

    ResponderEliminar
  2. Manuel João Afonso, sou de Zeive e ouvi o meu pai falar desse tesouro mas desconhecia que tinha sido vendido a ourives de Bragança.

    ResponderEliminar