jueves, 30 de julio de 2009

O PESCADOR CAZADO

Faltaban poucas horas para a chegada do Nadal.
O día antes do vintecatro, púxose xeitosiño para armar as manxoeiras. Unha nebliña, non excesivamente espesa, un tempo agarimoso, cunha temperatura arredor dos quince graos.
Todolos afeccionados que daquela adoitaban pillar as bácoras daquel xeito, sabian que deixando os aparellos durmindo no Tuela, unha noite daquelas, sé se mantiña o tempo igual pola noite, a mañá seguinte había boa colleita de “camelas”.
Cando estábamos almorzando, e esculcando o tempo, meu pai dixo: Vai quedarse unha noite de manxoeiras moi boa. Deberíamos intentar coller algunha trutiña para estas festas. Si viñeras conmigo a axudarme........., seguro que collíamos algo.
Así foi, collimos catro manxoeiras, e para disimular eu collín a escopeta e diriximosnos hacia Penascada.
Deixemos dúas manxoeira nas vicadas da preseira, e outras dúas no rigueiro de Velois. Unha na desembocadura e outra casi debaixo do pontón.
Volvimos para casa pola barriada de abaixo, dreitos o “Caxera”, a botar a partida.
O día seguinte, antes de ir a buscar as manxoeiras, Pepe tivo un pequeno entretenimento co que non contábamos, e cando marchemos a buscar o hipotético botín, xa era un chisco tarde.
Cando ibamos na Lavandeira, vimos que na Ladeira iba un troiteiro, tamén a buscar algo.
Meu pai dixo: Ten so dúas manxoeiras, que le dei eu, mais seguro que onte nos viu e levantanos as nosas como hai Deus. Imos facer unha cousa; tu baixa a Veiguiña e sube por Barxadebois hasta Penascada. Por alí escondeste hasta que él suba. Eu vou polo carreirón hasta facerme o encontradizo con él. Seguro que se le da tempo esconde o botín, e dirá que ven de tapar a auga. Eu entreteñoo e mentras ti colles as manxoeiras.
Acaeceu tal como dixo o Pepe, eu cheguei a Penascada cando o interfecto saia do rigueiro de Velois polo carreiron do Pisón, xusto cuando o noso amigo ia á mitai da ladeira de Penascada, apareceu mei pai na outra punta. O vélo o home deitou o saco nunha urz, e continuou, hasta donde estaba meu pai que se facia o remolón arriba.
Entonces cando xa non me podia ver fun lixeiro e medio agachado, hasta donde deixera o saco, o que collín sen mais e marchei a carreira, de novo a Penascada, donde econdín o botín e fun ver as manxoeiras das vicadas, que por certo alí estaban con tres ou catro trutas cada unha.
Collín todo e lisquei hasta o muiño D’abaixo donde quedera co Xefe.
Cuando chegou, escarallábase de risa, pois o asunto fora tal como el o dixera, o parecer o noso colega viña de tapar a auga de Velois, según se explicou.
Cando abrimolo saco, dentro estaban as dúa manxoeiras nosas, mais outras dúas. Entre as catro tiñan dezaseis trutas cuarteronas.
Cuando cheguemos a casa, despois de comentar o asunto, meu pai decidiu que habia que devolverle as manxoeiras o seu dono. Meteunas no saco xunto con catro trutas de bon tamaño, e mandoume levarlas a casa o contrincante.
Cando las levei xa era noite, chamei a porta saiu a muller que o verme chamou polo home. Deille o saco, decindole: teña, atopemos esto e meu pai dixo que eran de vostede.
Ho home colleu o saco e as manxoeiras, mirou as trutas e mirando pra min dixo:
¡ Ah, pícaros, como ma xoguesteis ¡
Eu fixenme o tonto e lisquei pro café, correndo porque non aturaba a risa.

2 comentarios:

  1. Unha historia que fala ben do ti Pepe. Un agarimoso recordo del. Grazas por compartilo.

    ResponderEliminar