martes, 9 de febrero de 2010

CONTOS (RIU BAIXO O CASTELO) A HÉITOR.


Ia o Pinta sentado na traseira do carro, todo ledo pois era a primeira vez que o levaban a Rechouso.
Era época da seitura. No carro levaban a comida, tanto feita como para facer, pois puxéranse de acordo todos en ir o mesmo día, e levar xuntos a pitanza.
O chegar a portela das Carbuizas asombrouse daquela cantidade de centeo ondulando o son do vento reinante e cada momento. Mesmo parecia un oleaxe de espigas contentas por seren segadas naquel día.
O carro chegou ó cimo dos prados, lugar no que seria a comida no mediodía.
Desde alí viu o imponente farallón que conforma o Castelo de Rechouso, do que oíra falar moito, das súas cámaras segredas, e dos seus tesouros, que os Mouros agocheran alí.
Caseque sen tempo para baixarse do carro, xa estaba as beiras do Castelo, co ánimo de esculcalo todo. A faena pareciale pequena, pois desde lexos o castelo parecia pequeno, cousa que non o era na realidade.
Andaba a buscar unha porta de entrada, mais pronto se deu conta de que alí non habia portas. Solo grandes penedos uns enriba dos outros, é ó que mais se asemellaba a unha porta eran os intersticios entre as fragas.
Viu un carballo que parecía que estaba plantado nunha pedra. Subiu hasta alí e deuse conta de que viña desde moi abaixo. En ralidade o que se vía era a copa dun grandísimo carballo beliño. As raices estaban polo menos quince metros mais abaixo.
O Pinta era un bon alconchón de arbres, polo que, sen pensalo, encaramouse no carballo é escomenzou a baixar polo tronco do mesmo hasta chegar as raices.
Cando chegou abaixo,a un lado do carballo, entre él e unha fraga, viu unha abertura que incitaba a entrar. Aquello podía ser unha grande aventura, había que ver as posibilidades de explorar aquelo.
Sen pensalo mais, gatuñou pola abertura durante uns cantos metros hasta que se atopou nunha especie de sala cuadrada, con outra abertura nun dos lados. Dirixiuse alí é sen dubidalo, meteuse a ver que pasaba por alí dentro.
Cuando levaba camiñando un bon treito sentiu un ruido por debaixo dos seu pés. Era un bruido enorme, igual que a auga cando cae no Ferbenzón.
Cando intentaba averiguar a procedencia do ruido, a pedra na que estaba desprendeuse e escomenzou a caer, con él enriba.
Caeo durante un bon tempo, hasta que entreron os dous, pedra e mais él, en contacto cunha poza de auga, na que por unha banda caia unha cascada, que era a que brúaba. Menos mal que caera a beiriña, e sen esforzo ningún púxose en seco.
De repente entroulle medo, pois xa non sabia onde estaba, seguro que perdido no medio da terra. Do outro lado da poza viu uns prados que parecian cheos de herba e arbres frutais.Apareceu por alí cerca del unha especie de espantapaxaros, que se movia. Viase que tiña medo, e o noso amigo tamén.
O espantapaxaros faloule e díxole : ¿Qué fais eiqui?. Non sei, respostou o Pinta, cainme desde alí arriba. ¡Bó, outro que baixa, é non tardará en desaparecer!-dixo o home de palla, é liscou dalí, sen saber como nin por onde.
Ali na bordiña da auga había unha balsa de rachos, e o rapaz pensou que si se subia nela, sería capaz de chegar ó outor lado. Foi pensalo e facelo. Subiuse na balsa, e soltou as lías que a amarraban. ¡Qué cousa fixo!, a balsa empezou a galgar augas abaixo e o Pinta enriba agarrado coma un gato as astelas. Empezou a pasar por lugares incribles. Os lados habia, unha veces rochas altas outras areais, prados un chisco raros, con animais raros, con alas e cornos, outros con corpo de burros e cabezas de macacos. Non tiña tempo casi de miralos pois a velocidade da balsa cada vez era mais grande. A pendiente pola que pasaba o riu submarino cada vez se inclinaba mais e as augas cada vez corrian mais. O Pinta xa le doian as maus de tanto agarrarse a balsa.
Chegueron a unha parte onde as augas se dividian en dous ramais, a balsa encallou no que levaba menos auga. Eso salvouno pois o outro ramal precipitabase por unha cascada de masi de vinte metros.
Seguiu a corriente pequena, xa casi arrastras pois cada vez se estreitaba mais aquelo, hasta que saiu outra vez á luz do sol, xusto nunha fonte tipo mina, na beira do riu.
Atopouse no medio de uns fragaredos moi grandes, por todos os lados grande amieiros e afreixos. Entonces o verse perdido entreronle ganas de chorar.
Acordouse do anel da xitana, sacouno do peito é enchouno de bágoas é algunha que outra mormela, e pediule por Deus, que o axudera.
Apareceu unha águia que se pousou a carón del, e alomiñouno facendo-o acougar, que le preguntou que qué le pasaba. Esplicoulle todo o que le ocorrera, é a aguia, díxolle que non se preocupera que xa volvía. Volveu pousada nos cornos de un grande cervo, que se acercou, axeonllouse e manderonno escancharse no lombo, e agarrarse tamén os cornos.
Entoces o animal escomenzon a bricar polo monte arriba, mais ben parecia que voaba pois apenas pousaba as pezuñas no chan. O chegar cerca do castelo, dixéronle que o daixaban alí para que os seitureiros non os viran, pois alí habia xente que o mellor queria matalos.
O pinta camiñou hacia onde estaba a xente segando, e xa estaban algúns a buscalo pois pasara a hora de comer e xa pronto seria de noite e él non aparecera.
Cuando chegou a carón dos que o buscaban, díxoles que se perdera pola parte de atrás do castelo e que casi non atopa a maneira de volver.
Pensou que se les contaba a verdai no o ian crer, e ó peor, tratariano de tolo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario