lunes, 15 de marzo de 2010

AGRADECIMENTO OS MEUS INICIADORES NA LECTURA



O acercamento a lectura, moitas veces depende de que sexa inducido dalgún xeito ou por alguén. Sobre todo se éste desde edades xuvenis..
Independientemente da curiosidade de cada un, por aquelas cousas que se podan atopar nos libros, e quero decir todo tipo de libros, non só os de texto.
A influencia dos proxenitores é importante, e a dos primeiros mestres tamén.
Hoxe eiqui, queria rendir unha pequena homenaxe a aqueles que me axuderon neste eido.
En primeiro lugar a aqueles famosos calendarios que se chamaban do Corazón de Xesús, creo que editados polos xesuitas, e nos que cada dia habia que arrancar a folla correpsondiente. Aparte do que le chamaban “un minuto de filosofia”, que viña na parte dianteira xunto co dia do mes, da semana e do santoral católico, pola parte de atrás, sempre tiña un pequeño comentário curioso, algún chiste, é os sábados a referencia a os evanxeos prescritos para o dia seguinte. Este foi probablemente o primeiro “libro” na miña andaina lectora.
Outro foi cando escomencei a ir a escola con aqueles maestros e maestras que habia daquela. Recordo a un tal D. Mauricio, na Teixeira, e en San Ciprián a Dña Marina, e nunha ocasión nun veran a D. Julio. Naquelas escolas que inda tiñan os libros, poucos eso sí, da época Republiana. Daba gusto aprender que en España habia catro idiomas a saber: Castellano, Catalán, Galego y Vascuence los dialectos eran el Valenciano, el Andaluz y el Bable.Non sei se se me queda algún no tinteiro.
Na escola de San Ciprián habia unha colección de tomos do Quixote, escrito en Castellano antigo.(Por certo, ¿queseria daqueles libros?). Todos arredor da mesa da maestra iamos lendo e pasando a palabra de uns os outros. As gargalladas das andanzas do Cabaleiro da Triste Figura, e de Sancho Panza, a veces eran caseque como tormentas.
O primeiro libro que lin foi un que me prestou o pai de LoRo, Modesto, cousa que xamais olvidarei, pois por primeira vez lin-no casi dun tirón. Era un libro de Xules Verne con un nome moi atraente “VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA”.
Non olvidarei nunca como me enganchou, e deitado debaixo dun castañeiro, cheguei o centro da Terra e fun subindo hasta volver a superficie.
Daquela no pueblo non habia demasiados libros, por eso, quero agradecerle o Modesto haberme prestado aquel, creo que de cando él estivera nun colexio de Verin.
Outro libro, daquela prestoumo a Severina, debia ser un libro de cabeceira dos seminaristas, pois mais tarde entereime de que casi todos os cregos o coñecian, o libro tiña por titulo: BERTOLDO BERTOLDINO Y CACASENO. Era bastante simple, pero riase un a cachón.
Tamén habia a costume de ler na casa polas noites. Liase en voz alta para o resto da familia que escoitaba. Libros como Genoveva de Brabante, ou Colon, creo que eran do ti Victor, fixeron que a luz dequele candiles, me inicieran nunha boa miopia, con grandes dosis de astigmatismo.
Por eso hoxe desde aiqui digole a Modesto, Severina e a Don Quixote, moitas gracias por iniciarme, e poder mais tarde enamorarme da prosa dun home, para min incomparable: DON MIGUEL DELIBES SETIEN.

3 comentarios:

  1. Genoveva de Bravante foi un dos primeiros libros cos que me emocionei; tiñao o avó Constantino, e pedíanos que lle lésemos un cacho, cando estaba enfermo. Meu pai non me prestou o viaxe al centro de la tierra. Se cadra non lo devolviches, pillabán (é broma). Se cadra tiña medo de que me escapará para alá. O que si recordo é que non lle gustou demasiado que me aficese a ler, de moi rapaz, os relatos de Unamuno. Entendo que porque don Miguel tiña dúbidas de fe. Tempos aqueles...

    ResponderEliminar
  2. Coido que lo devolvin, ainda que non o xuraria, se non o devolvin, sumiuse pois na casa no está.
    Non sabia que Genoveva de Bravante fose do teu avó.
    ¡Solo a ti se te ocurre ler a Unamuno!
    ¡Muera la intelectualidad traidora, viva la muerte! Millán A. Dixit.

    ResponderEliminar
  3. Eu tamén deberéi felicitar ós meus proxenitores polo amor á lectura dende pequecho.
    Os primeiros libros ós que me enganchei, recordo que foron:

    - "Ingo y Drago" y "Juan Chorlito y el indio invisible", dous libros de varco de vapor (dos azúis) que non podía parar de ler unha e outra vez.
    - "Las aventuras de Paco Pelacañas", un conto con debuxos cunha imaxinación desbordante.
    - Colección Asterix, e recordo perfectamente que o primeiro foi "La gran travesía", que se lle caen as follas xa.
    - "Jim Botón y Lucas el maquinista". Este é o libro que máis veces lin en toda a miña vida. O conto pra nenos perfecto. O xenio de Michael Ende en todo o seu esplendor. Unha obra de arte.

    Logo chegóu "El hobbit" e "El señor de los anillos" e de ahí en diante un mundo de frikez por descubrir.

    Gracias pais.

    ResponderEliminar