jueves, 25 de marzo de 2010

LUBIÁN: ORIXE DO NOME E POBO.(Con licencia)


Dias atrás, estando na beira do Castro de Trasil, despois de encher a andorga con algunha cousa da zona e de gorentar uns viños da Ribeira do Douro, dediquémonos a parolear sobre todo aquelo que se nos ocurría.
Nunha destas, agromou na conversa con meu cuñado Xusto, a orixe do apelido Lubián que él ten algo mais que duplicado. No transcurso da conversa contounos unha lenda da orixe. En definitiva, según a tradición oral, e tamén escrita, parece que o apelido proven do nome do pobo. Eu fixen, por miña conta unhas investigacións, e atopeime, xusto coa idea contraria. Non podia ser menos.
Atentos: Subin a serra de Lubián nunha carroza onírica, e estando polo nacemento do Tuela, nos dous gallos que fai na baixada, un pola zona de Chaos, e o outro pola de Hedroso, xusto no único lugar onde estaba enxuto, acercouseme unha fermosa muller, vestida con túnicas transparentes que deixaban ver un corpo de luz que non deixaba ver nada corruptible.
Como quedei abraiado coa visión, para calmarme díxome que non tivera medo, pois so viña a axudarme nas dudas que tiña con relación a Lubián. Ela era Artemisa, que andaba por ali de caza. Subira o alto detrás de un cervo. Igual era Acteón.
“Mira, díxome a deusa cazadora, para non remontarnos demasiado no tempo, empezaremos na época dos Zoelas, sete mil anos antes da era actual, Lubián ainda non existía daquela. Habia na beira do Tuela, no lugar que agora chaman Castrillón, un poboado dedicado fundamentalmente a caza e as veces a pesca daquelas trutas “salmo fario”, que fixeron famoso o liño xabres, co que se facian as redes para collelas.
Era aquel un poboado bastante grande para a época, e a xente vivia feliz e contenta. Xa adoraban a deusa Lubentia, que como sabes era a deusa da alegría e do pracer.
Daquela xa tiñan domesticadas unhas cuantas corzas, unhas ovellas e un par de cabras que apacentaban as mozas e os rapaces. Os mais grandes ian a cazar osos a Fraga da Osa e algún porco montés.
Un día do mes de Agosto, unha das pastoras viu que pola zona que hoxe se chama a Tuiza, a medio día e cun sol de xusticia, caia unha nevada que cubría un cachiño de monte, todo de neve. Acercouse a ver aquelo e atopouse conque, no medio da neve, habia un fermoso menino arrebullado en brancas sabas de liño. Era un neno recien nacido que estaba con cara de risa, mais tamén coa mesma de fame.
A pastora muxiu unha cabra e doulle un pouco de leite, que chupou con fruición.
Levouno para o poboado, donde despois de convocar o consello de vellas, chegueron a conclusión de que debian amamantalo a turnos as mulleres do poboado que tiñan nenos inda lactantes. Hay que decir que aquelas sociedades tiñan uns fortes matriarcados.
Así foi, todos os días unha muller amantaba a aquel neno, caido do ceo.Entonces escomenceron os veciños a facerse preguntas sobre a procedencia daquel rapaz, uns decian que seria fillo dunha moza do poboado, dunha moza dun poboado veciño, mais a incógnita non se daba resolta.
Dixóse que ó mellor era fillo dun lobo e unha deusa, cousa que eu, Artemisa, agora mesmo afirmo, ainda que o lobo como podedes colegir era Zeus, que era un rijoso, e disfrazabase do que fose para para chegar a coiunda. A nai era unha deusa tamén moi afecionada as neves, dahí que dera a luz no medio dunha mininevada, por aquelo do albor.
Deron entonces, por chamarle ó rapaz Lupiorum, porque daquela xa os romanos andaban pola zona, e os nomes en latin “molabanle” moito os mozos.
Cando os romanos empeceron a dominar a zona castrexa e obligueron ós nativos a abandoar os castros, o primeiro que se foi a vivir para a zona da Fonte Arbela, foi o Lupiorum, que xa le chamaban “Lupián”, por deturpación do nome primeiro.
Entonces a aquel novo poboado deusele, por costume, o nome do seu primeiro habitante: LUBIAN.
Daquela era bastante normal que as “civitas” adoptaran os nomes dos seus fundadores.
Este é o verdadeiro orixen tanto da toponimia Lubián como do xentilicio.
Que fique esto para os estudiosos da istória, que iremos ampliando, da zona da Xeabra Alta”.
Esto foi o que me foi comunicado pola deusa Artemisa, que tamén despois le cambieron o nome polo de Diana.
Hoxe podo presumir de ter parentes directos de Zeus, ainda que sea cincuenta ou sesenta xeracións mais tarde.
A translación a escrita fixoa o deus Dinisios, polo tanto se hai erros de bulto, a culpa é del. Éste tamén le cambieron o nome polo de Baco.

2 comentarios:

  1. Menuda historia!!
    Agora xa me queda todo claro. Síntome agora máis importante xa que procedo de deuses e deusas, e de lobos.
    Un día tes que contar como apareceu a ermida da Tuiza...
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Pra que vexas!!
    Na proxima vez, emparentamonos cos ilustres e sabios, nunca cos capitalistas!

    ResponderEliminar