domingo, 6 de febrero de 2011

A LIBERDADE É MAIS VELLA QUE O MUNDO

Menguaba a comida, decia un vello que estaba en cuarto menguante. Levaba demasiado instalada nese cuarto, xa tiña a pinta de ser un cuarto de século.
A fame, e a neceisade, eran inversamente proporcionales óaumento das viandas que as podian desterrar.
 Aquel dia o Cormanlareiro non tiña un bon día. Levantérase tarde. De noite non pudera dormir. En Val dos Marcos estaban a pasar cousas, dixéramos que non normales.
 Pola mañá estivera na pallarga palustre do Souto, onde vivía aquela familia desde facía quince días. ¡Polo menos, agora tiñan un pouco mais de espacio! Cando vivian na troba do castañeiro estaban algo encunicados. ¡Era denigrante ver que naquelas alturas da vida inda habia xente que tiña que vivir así, tres fillos e un matrimonio, non tiñan onde vivir!.
 Deixou de pensar naquelo e decidiu que xa era hora de ir subindo a Rechouso. Xa chegaba tarde, seguro que xa os outros tiñan dez cobas cada un.
 Cando chegou as vellas leiras de Rechouso, deronle a benvida os dous fillos do Vicente, o Severino e o Barrabás.(Creo que este nome era o que mais le gustaba).
 -¡Vais a ir todo o dia detrás de nos!- berroule o Barrabás,
 El colleu a piocha e púxose a facer covas a súa altura decindo- Pola tarde xa me axudaredes a facer as que quedan atrás-
 Aqueles homes eran especiales.Sempre estaban de bon humor, sempre animando os compañeiros, e a hora de comer smepre estaban de coña, mais a súa tamborela, auguaza de pan e cuatila de viño, nunca fallaban.
 Mais tarde, o Cormanlareiro,pensou que era bastante peor a vida daqueles rapaces que a dos inquilinos da pallarega palustre. Os habitantes de esta última, co tempo mellorérale a consideración da deusa fortuna. A vida dos fillos do Vicente quedou escochada, probablemente cando mellor empezaban a vivir.
 A última hora, despous de cuntar as covas e que o Andrés tomera nota das mesmas,volteron para as aldeas.
 O Cormanlareiro non baixou polo camiño das Carbuizas. Polo Ladeairo, cruzou hacia Rebordelo onde  tiña unha cita coa muller mais bela do mundo e a mais libre. Craro que tamén era a mais vella e a mais lista. Non era lista por vella, era lista de seu.
 A cita tivera-a través dun soño un dia antes. Era un home que creia neles. Tamén era un home que especulaba moito con as cousas que decian os libros dos antiguos. El solo queria saber se aqueles libros decian a verdade.
 Oira falar da primeira muller de Adan chamada Lilith.
 Non estaba seguro de que o soño que tivera o saquera de dúbidas, mais como decia él, se non se morde un limón non se pode saber que é acedo.
 Quederan en verse na chaira da portela, onde acababan os carreiróns que subian polo Pereiro.
 Chegou, xa entre lusco e fusco ó lugar da cita, mais alí non habia ninguén. Decidiu esperar un tempo. Sentouse a beira das pestanas que hay por enriba da caldeira da Aillande, e quedou dormido.
 Cando espertou tña o seu lado a muller mais hermosa que nunca vira. Tiña unha mirada franca, limpa e o mesmo tempo tenra e agarimosa.
 Ficou algo espantado coa aparición, e notábasele o medo na cara, un gran terror. A muller cunha voz, que parecia que o abarcaba todo díxole que non tivera medo. ¿Acaso non fora él o que quixera falar con ela?.
 Todo o que liche naquel libriño de cubertas de coiro e que tes agochado, é certo. Eu son Lilith, a primeira muller de Adan. Solo te autorizo a contar o motivo polo que me separei del, mellor dito, o motivo polo que o Creador me deixou liscar, e le fixo unha nova compañeira.Agora pecha os ollos pois non podes ver como marcho.
 Cando abriu os ollos, Lilith desaparecera, e él estaba sentado a carón do lume na súa casa.
 Recordou o que lera sobre Lilith.
 En resumen, Lilith despous de un tempo convivindo, e colaborando con Adan pediule o seu creador que a deixera liscar de onde él, pois Adan non acababa de entender que por que foran diferentes, non eran distintos, e non tiña dereito de subordinala, ela queria estar a mesma altura e tomar decisións xunto a él.
 En definitiva no queria estar “debaixo” del, pois eran iguais.
 O Gran Facedor díxole que Adan era un bon rapaz, ó que ela respondeu: Si é un bon rapaz, mai é un pouco pailán.
 O Creador aceptou a súa petición, mais díxole : Supoño que eres consciente, que vais a desaparecer da memoria dos homes, e sobre todo dos seus libros que eles chamaran relixiosos.
 Seino, respondeu ela, mais a miña liberdade, destema ti e non quero que ma coarte un pailán creido.
 Cando espertou o Cormanlareiro, no sabia cando nin como fora a cama.

2 comentarios: