miércoles, 1 de junio de 2011

ISTORIAS DE VAL DOS MARCOS


                                       A casa da tia "Iginia"
 Desde tempos inmemoriais, a porta da tia “Inginia”, fora o punto de reunión dos mozos, e non tan mozos do Barrio de San Ciprián.
 Hai que decir que a comarca, chmábase Hermisende, que se dividia en dous barrrios, o xa mencionado e o de Santa Maria. Co tempo acabaou todo chamandose Hermisende e San Ciprián de Hermisende. Cousas do centralismo.
 O motivo de esta nova entrada reside na idea de ir contando cousas da comarca a traves dos seus habitantes, das suas istórias, que recordo e aquelas que no seu momento me conteron.
 Contarei as cousas, tentando axustarme o mais posible a como eu as coñecín e tamén a como mas cunteron. Tamén tentarei de relatalas, dentro das miñas capacidades, no idioma que se fala por alí. Será dificil, mais por intentalo que non quede.
 Na porta da tia “Iginia”, desde os tempos que eu recordo vivian xentes, que espero non olvidarme de todas.
 Hai unha especie de plaza, na que por un lado está o chamado forno de arriba, no medio de dous camiños, o que sube hacia o Camiño Novo, e o que vai por detrás do mesmo hacia as airas do Souto. Na parte sur da plaza vivia a tia “Madalena”. O lado da súa casa, tiña o ti Xico a bodega e as Rafaelas un tear, diante deste e separada por o camiño que baixa a casa das Rafaelas, esta a casa do ti Xico que está o este na plaza. O norte a casa da tia “Iginia”,outra casa o lado dreito desta na que nunca conocí a nadie vivindo nela, e a parte de arriba a casa dunha muller que non recordo, pero sei que se chamaba a tia “Madalena”, que non tiña nada que ver coa outra Madalena. Aquela era da familia das bichas, e estaba casada cun home que se chamaba ti Gonzalo, que polo que escutei del, era un home de pelo en peito, cunha triste istória no seu final. A casa tamén se conocía como a casa da figueira.
 A casa da tia Iginia, tña na parte baixa unha corte, e no piso de arriba vivia ela.Para aceder a vivenda, a casa tiña unha escaleira, bastante alta que no cimo da mesma tiña a porta da cociña, e un corredor que levaba a outra habitación. Normalmente a comunicación entre distintos departamentos de unha casa facíase por un balcón.
 A reunión dos mozos era arredor da escaleira, a propia escaleira e a parte de abaixo do balcón que resguardaba o personal en caso de chuvia.
 A medida que vaia adentrandome nos relatos, tentarei describir todas as casas da aldea, e lembrar os seus habitantes.
 Neste primeiro, referirei unha istória, que xa relatei por aiqui, e quero empezar por ela porque a protagonizou un tiu meu e unha velliña que vivia, creo, na casa da tia Madalena, irmá do ti Xico. Coido que era unha tia deles.

                                        O forno d'arriba
 O meu tiu chmábase Isidro, e morreu e Valladolid, nos anos da guerra que eu chamareile incivil.
 Parece ser que a velliña, que vivia sola, tiña unha cabra, seguramente le proporcionaba leite para mezclar coa infusión de malta, que era un sucedáneo do café, pero moito mais barato, co que tomaba o xexún.
 A cabra levaba ó pescozo unha esquiliña, que a súa dona idenficaba polo tintineo.
 Unha noite de inverno, meu tiu Isidro subia para a sua casa, e o pasar diante da casa da vella señora, escoitou a esquiliña, e sen encomendarse a nadie nin a nada, entrou na corte, quitoulle a esquila a femia caprina, e saiu hasta a escaleira onde a fixo soar hasta  que a súa moradora se deu conta. Esta entonces pensou que a cabra se saira da corte, e en alpargatas saiu co ánimo de recollela, pois no camiño habia neve e no inverno os lobos rondaban por alí.
 O Isidro, como estaba bastante oscuro e a pobre muller xa non via moi  ben, liscou cara a Falgueiras, tocando a esquiliña de cuando en vez, incitando a muller, que a trancas e barrancas tentaba seguir a esquila  chamando amorosiñamente pola cabra, que cada vez se alonxaba mais.
 Nesta leria deronle a volta a todo o souto de Falgueiras e o Viñal, volvendo hacia a aldea. Cuando xa estaban cerca o mozo acelerou o paso hasta chegar a corte da cabra, onde por última vez fixo soar a equila. Púxola de novo o pescozo e saiu o camiño a esperar.
 Volveu a muller, foi a corte, viu que a cabra estaba alí, e dando gracias o ceo, amonestou a cabra de que nunca debia volver a sair de noute sola.
                              A plaza desde o oeste.

4 comentarios:

  1. Seguramente o Isidro sabía que a tía Iginia non dera paseos de abondo durante o día.

    ResponderEliminar
  2. Amigo Javier Loro: Alégrome moito de velo, a voçemeçe, por aiqui de novo.
    Creo que non era a tía Iginia(Ixinia para meu avó)era algún antepasado da tia Madalena, non a túa parenta; a dos Felisos.
    Se me axudas poderiamos, sen presas, contar algo de por alí.
    O mellor inda son quén de que no lo editen, ainda que a cousa, neste mundo está fodida.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Simpática historia con final feliz.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo: cando eu sexa pequeno e o Leo grande, ei de convidalo a Val do Marcos.

    ResponderEliminar