jueves, 23 de junio de 2011

MAXIA NAS MURADELLAS



 Dixera o menciñeiro que o doente tiña que comer arandos.
 Se comía arandos tres días seguidos, ó terceiro tería uns fortes dores cada vez que mexera, e eso sería a sinal do seu sanamento.
 Era polo mes de Santa Mariña, él sabia onde estaban as mellores arandeiras. Inda que era difícil chegar a elas, traeríale un canastro delas.
 Non dixo nada a ninguén. Dixo que ia a coller unhas trutas. Enganchou o lareiro o lombo, e pola ladeira, fixo tresposta en Penascada.
 O chegar ó Mouromorto, agachou o lareiro, e seguio cara a Castrelos. Antes de chegar a aldea, despous de pasar na ponte de vigas de madeira sobre o riu Tuela, subiu pola beira do riu hacia os últimos prados, que xa lindaban co termo de Lubián.
 Subiu hasta o o caboco de Fontencobo, e con mais dificultade da prevista chegou ó pozo da Moura, debaixo de as Muradellas.
 No macuto que levaba, a mais da merenda, tamén levaba un tesón, sen varais. Era por se tiña a oportunidade de agarrar algunha “bácora”.
 De todos é sabido a importancia curativa que estes salmónidos tein na saúde da xente cando pasa fames, do difícil que é collelas e o peor do asunto, levalas á casa. Hai demasiada xente que cobra dos impostos, disposta a quitarte-as en ben dunha hipotética salubridade medio ambiental, que o fin só é levalas para súa casa e comelas él.
 Cuando chegou o lugar no que están as arandeiras, no cimo do pozo, con difícil acceso por fóra do riu, decidiu que iría nadando Moura arriba hasta chegar o nieiro dos arandos, levando o macuto nas costas.
 Pensou que o mellor que podía facer, era montar o tesón nuns varais de amiero, por se o subir aqueles cincuenta metros tiña a oportunidade de agarrar algunha “camela”.
 Subía, nadando, polo medio do pozo. Este pozo é daqueles que meten medo e non. Explícome: pola marxe esquerdan do riu, a auga tallou case a cincel a parede, nunha pedra de xisto enorme, o seu curso, despous de , supoño, millón e millóns de encheas. Na parte esquerda ten o cabo dun pequeno meandro, no que, na parte alta están os restos dun asentamento íbero, polo menos eso din os expertos, cuatro ou cinco mil anos antes de Cristo. Neste lado tamén está o cauce do riu tallado, con paredes verticais. No cimo de todo, nunha pequena solaina, están os famosos arandos colgados das arandeiras, coa súa cor morada e pel tesa. As arandeiras teñen, non mais de cincuenta centímetros de altura, e cando o fruto esta en sazón, é cousa de ver.
 O chegar a unha angostura no cimo casi, xusto debaixo da furna da marxe esquerda, albiscou unha soberana bácora, de mais de metro é medio de longa e bastante lizgaira na súa maneira de desplazarse por enriba da auga. Foi dreitiña a base da furna onde despous de chapuzar desapareceu..
 O buscador de arandos, bon nadador él, mergullou, para ver se localizaba a salmo fario, e só tivo tempo de vela esconderse no medio da fraga da marxe direita.
 Quedou abraiado, pois alí, parecia imposible que houbera unha frisga pola que pasar.
 Como a súa estancia alí tiña un obxetivo, que era coller arandos para o seu amigo, acercouse a solaina arandeira, e encheu o macuto daquelas baias moradas.
 Tirouse de novo a auga, para sair pola parte baixa. Deixou os arandos na beira, e pensando na “moza sen pestañas”, subiu de novo nadando. Volveu a ver a gran truta esconderse no mesmo lugar de antes.
 Chapuzou hasta o fondo, e atopou unha entrada na pedra que tiña un túnel do tamaño dun home agachado,polo que se  podia pasar. Entrou un cacho, e de repente atopouse cunha estancia con aire da meteda hacia arriba, e na que se podia respira perfectamente.
 No fondo estaba a gran truta, que neste caso xa estaba con medio corpo fóra da auga, e que tiña corpo de peixe da cintura hacia abaixo e de muller do medio para arriba.
 Un pouco asustado, tentou escapar polo túnel polo que entrera, cuando a muller-peixe le falou:
-         Ti viñeche aiquí, para facerle un favor a ún amigo. A Nai Natureza, fíxoche xa caso, o teu amigo está a salvo. So tes que levarle os arandos, e decirle que coma só un. Atoparás no saco un mais roxo que os demais que son morados. Ese é o que debe comer. Dile que unha vez que o coma, terá que mexar, doerale moito, dará berros, mais que recolla a orina nunha bacenilla e mire despois o que foi o que le causou a dor.
 A muller- truta desapareceu e o mozo chegou a casa. Dixeronle que o seu amigo estaba mellor.
 Foi a velo e doule o arando roxo. O seu amigo comeuno, e despous de unha hora estivo dando berros un par de minutos. Xusto o tempo que tardou en mexar unha pedra como a caruña dunha zreixa.
 Desde aquela, todos os cólicos nefríticos, cúranse con arandos roxos, que flotan na poza da Moura.

2 comentarios:

  1. La poza de la Mora y As Muradelas son lugares verdaderamente mágicos. ¡Nada allí puede extrañarte!
    Abrazos, Xabres

    ResponderEliminar
  2. Amigo Xibeliuss: As Muradellas con a súa poza da Moura, é algo que eu coñezo por meu pai, meu avó e demais vellos da comarca.
    Se algunha vez vais a Lubián, fala co alcalde, Felipe Lubián. Seu pai era un pozo de sabedoria popular da zona, e un avo, "o ti Perfeuto" coido que mais.
    Se pasas por alí, dile que te convide a mazás, da miña parte.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar