viernes, 19 de agosto de 2011

¡CON ELA FOISE UNHA ÉPOCA!


¡Cuantas noites, cuantas, naqueles meses de inverno iamos á casa dos compadres da avoa Martina, o fiadeiro!.
 Na casa da tia Xabel e do ti Pedro, sempre habia unha lareira con un bo lume, e o colmo non deixaba pasar o friu da neve, polo que, na cociña estabase moi ben, sen aqueles calores por diante e friu nas costas.
 Alí xuntábanse veciños e algún mozo na procura dalgunha moza que por alí andaba. Estaba, tamén, a cadela do ti Pedro, gran cazador onde os houbera, e gran ecoloxista daquela, sen él sabelo. A cadela foi a que me deu a idea de que os cans tamén soñan; Naquelas longas noites de inverno, os humans contaban cousas, leian algunha novela, sempre alguén leia en voz alta para os ointes, con voz algo temerosa de non pronunciar demasiado ben o castelán. Lástima que daquela ninguén escribira no idioma da Alta Xeabra, ainda que meu tiu Miguel leia moi ben en portugués. A cadela, decia,deitada detrás do trafugueiro, de cando en vez latia como se fose detrás dalgún coello ou lebre. Se alguén a espertaba, semellaba que estaba desorientada. Supoño que inda esperta, seguia detrás da caza.
 Por alí estaba a tia Josefa a mai do Paulos, que contaba contos. Algunha vez enfadouse conmigo porque le dixen que a bruxa do conto, sé se parecia a ela, debia ser moi fea. Estivo varios dias sen ir o fiadeiro, porque os contertulios rironse da ocurrencia.
 Estaba a tia Xabel, sempre rabexando dun lado para outro, por exemplo buscando unhas alpargatas que levaba postas. O ti Pedro, que non deixaba que o lume esmorecera, miña avoa Martina, e xente nova, daquela. Miña tia Jesusa, e a miña amiga, da miña tia tamén  e non sei se afillada da avoa: A Joaquina.
 A amiga Joaquina, fai uns días deixounos. Polo que sei, levaba algún tempo xa con problemas de saúde. Chegoule a súa hora definitivamente. Espero que a Terra le sea leve,e que definitivamente se cumplan todolos desexos que algunha vez tivera.
 ¡HASTA SEMPRE JOAQUINA!
 Un forte abrazo para os fillos, e para o seu marido, tamén amigo Domingo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario