miércoles, 10 de agosto de 2011

¡A EDIL FERNANDEZ, NON É PARENTE MIÑA!


 Un,que xa ten canas hasta por debaixo da embigueira, poderiamos decir coma o ti Dario: hasta don Quixote, tamén xa empeza a pensar que certas partes do corpo, doen por culpa de cert-a-o-s políticos, ou como quera que carallo se chamen. Esto no é pexorativo,so é culpa da estulticia imperante.
 Hoxe, lendo no diario o Pais ven a noticia.
 “ Una edil tilda de demasido gallegos los actos culturales de “A Coruña”. (Escribo a toponimia tal cual o Pais, ainda que a politica imperante no NO, gostaria de por o artículo “la”.
 Cando era  un estudante de bacharelato, nunha vila de Zamora, por onde Don Quixote tivo algunha aventura, por ventura del, eu, en todo o internado era coñecido como “El Gallego”. Habia un rapaz que se apelidaba Gallego, mais naide le chamaba así.
 Polo tanto fago meu o idioma “galego” da Alta Xeabra, e se non hai mais remedio, tamén fago meu o daquel coengo de Santiago bisavó de miña mai..
 Cuando a edil de cultura dun concello dunha cidade como A Coruña dí esto, a un pobre Xabrés revolvensele as tripas, e mais se a señora de marras leva por apelido o Fernández, que comparte conmigo. ¿Onde podo cambiar o apelido por outro?. ¿Tal vez Cazurro que é o dos meus antergos Llyoneses?.
 ¡Hai que foderse, e ser ben educado na fala! Polo tanto non hai que foderse, senon “joderse”, por se o anterior no é ben comprendido.
 Gostaria ver despotricar a un catalán de un exceso de catalanismo, a un vasco, un aleman, francés etc., etc.
¡ SEÑORA CONCELLALA ¡ SER GALEGO OU FALALO É TAN IMPORTANTE COMO CHAMARSE FERNANDEZ, EU DIRIA QUE MAIS, E SE ABORRECE A SÚA IDENTIDADE, OU NON É DA ZONA, DEIXE A POLITICA. AS VECES O DIÑEIRO NON O É TODO.
 Lamento falar no galego dos meus ancestros. O normativo, as veces rénxeme.

2 comentarios:

  1. Hai demasiados renegados nesta terra e así nos vai !.

    ResponderEliminar
  2. Estas alturas, xa non me preocupan de masiado os renegados.Houboos e habráos. Fode a coincidencia de apelidos, polos que as veces un ten desexos de renegar.
    Apertas, paideleo e da hirmá.

    ResponderEliminar