miércoles, 4 de enero de 2012

SEGUNDO DIA DAS FESTAS DE REIS



 Onte chegouse bastante tarde. Entre as cantigas, os contos e demais lérias, non dou tempo a descargar os carros.
 Oxe houbo que preparar a leña pra que as cociñeiras, cando empecen, teñan de todo e aprestado, pro lume.
 Todolos anos, contratábanse dúas cociñeiras experimentadas, pra que fixeran a comida que tiña que encher as andorgas do personal. Eran moi serias no seu traballo, e nunca deixaban que ninguén entrera na despensa. Tentaciós habia as veces pra entrar e comer as escondidas. Sempre as cousas que están algo prohibidas saben mellor.
 A última hora, estivemos ensaiando o cante que mañá deitaremos en todalas escaleira, fiestras, e portas das casas dos veciños.
 Houbo tamén unha nova leria do cura a través das vellas do rosário.Parece que vai en sério o de que quere prohibir o baile agarrado. Incluso os carabineros deron un pequeno toque nese sentido.
 En previsión de que prohibiran o baile a forza, o mesmo día do arranque dos torgos, marchou a capital un home, aproveitando unha viaxe do Maragato, e trouxo unha autorización do Gobernador Civil, autorizando os mozos a facer baile.
 Os casados, eran os que mais decian que había que estar prevenidos, por si acaso. O cura, decian, é bastante “cazurro”. Xa tíñamos o permiso. A mocedade conxurouse pra mantelo en segredo.
 Sigue o temporal de neve, e polas noites xea.Xa vereis na noite de cantar os reis como a conxunción da aguardente e o carouxo faran das súas.
 Houbo unha pequena carallada, despous de cenar. Estando en casa do Caxera, apareceu por alí un zampabolos dun pobo veciño.Pasouse coa bebida e non se le ocorreo mellor cousa que insultar a todo aquel que le facia caso, hasta que chegou un dos chamados mozos vellos. O que empinera o codo, o velo non o pensou, dedicouse a insultalo. O recien chegado, que polo que pareceu, non tivera unha boa tarde, tampouco o pensou; botoule unha mau a cuada e outra a coleira, e levando-o polo aire deitono no pozo que hai diante da casa do ti Constantino. Alí o deixou perneando, e voltou o café decindo que seguro que mollando os cataplines se le pasaba. Sereno iria mellor pra  súa casa, e no teria perigo de caer o Tuela cando pasera por él.
 Efectivamente, pasousele a cantusana casi no acto, e se non o levan a unha casa, morre alí mesmo atrido. Coa xeada que xa estaba a caer, os pantalós podian soliños facer un espantapáxaros. Estaban tesos con carouxo xa branco.
 Veremos que tal cantamos mañá. Por certo hai noticias de que unha moza, da que non se pode dar o nome ten o mellor ramo. Lévan-no como un segredo de estado.

1 comentario:

  1. Momentos de tensión na festa dos típicos personaxes que se pasan de freada coa bebida. Moi ben solventada, por certo. Vai haber máis días? Ansioso agardo.

    ResponderEliminar