lunes, 9 de abril de 2012

OS EQUILIBRIOS PARECEN IMPOSIBLES



 Acabamos de chegar da Xeabra. Fumos a pasar uns días  por alí e de paso enterrar algún bulbo, algunha legume e darle a conocer a unhas plantas de pementos e tomates a terra.Xa veremos en queda a cousa (verbas  do meu amigo “ti Alejandro”). Os enterrados parece que non terán moito problema, mais as incipientes tomateiras e pementeiras, xa non o teño tan claro. Foron cubertas por unha capa de neve de un par de centímetros, que a bon seguro deixará á súa impronta neles.
 Durante unha  semana de estadía polo Val do Tuela, e na súa capital natural o Val dos Marcos, non tiven apenas información dos acaecers económico-políticos de reino español. En realidade non tiven tempo de escoitar a tv., pois era mais importante pra min preparar a terra, inxerta frutais descansar e embotellar medio cántaro de licor café, que seguir as casi repetidas mentiras dos políticos e os seus palmeiros que sempre os hai arredor de calquer tipo de poder. Alguns son como corvos arredor dun rixelo morto no monte.
 Pasou esa semana, chego a esa cousa que chaman mundo urbano, e como xa non teño Porteliña que cavar, cousas que enterrar e arbolexos que “mutilar”, pois dedicome a porme ó día nunha das cousas que mais me preocupan actualmente: A CRISE.
 Empezo repasando a prensa virtual, polo orden de sempre. Priemiro medios pretendidamente independentes de nivel nacional, logo prensa regional, provincial e local. Como podedes deducir, nesta última solo a que atañe o meu entorno: Galicia, León primeiro, logo Lugo, Vigo, Zamora e se teño oportunidade baixo a terruños mais pequenos e entrañables. Nada, en todos eles, que inviten a ter unha pizca de esperanza a curto ou case a medio prazo, na recuperación da CRISE  actual. Mais ben ó contrário, parece que cada vez se pon peor o asunto, e se se lé entre renglóns, parece que os que teñen que arreglar o asunto, que preso se postulan e son elexidos, non teñen nin a maís zorra idea de que facer, ou non teñen as “gonadas” bastantes para por en práctica as medidas que poderian arruinar a uns poucos para favborecer a uns moitos. ¡Asco!
 Entro na prensa especializada, e se tiña xa o estómago encollido, aiquí acabo cos riles sen función, e os eggs, de corbata.
 Para non enredar moito, direi que fún ó meu gurú, favorito e que leva mais de unha década pronosticando este desastre sen que ninguén le faga nin puto caso, cousa normal nun país de miopes de nacemento e outros con olleiras de corcho, ou de papel moeda.
 Pronostica o catedrático de Estructura Económica da Universidade Pompeu Fabra, un mais que probable desguace do mundo da produción do automóvil. Será despous da caida da constución, e o tambaleo do financieiro, o terceiro en traer ruins consecuencias. Din por ahí que non ahí tres sen catro.
 Tamén quero decir que nós temos unha gran parte de culpa pola nosa deixadez, e as veces medos ancestrais metidos nos entretiños. Esto lévame a outra consideración que relatarei na proxima entrada cando teña os datos que me quederon en mandar. Está relacionado cunha concentración que tivemos na praza maior de Puebla de Sanabria, os pes de Santa María de Azogue, fermosa xoia do século XII. Como dixe eso será na próxima.
 Abrazos a todos, espero que non teñades callos nos xeonllos por ir demasiado as procesións, nas que sempre hai un HOME na cruz e morre nela todos os anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario