lunes, 23 de abril de 2012

RIU DOENTE (camiño da asemblea)



 Estaba o picanzo encaramado no único salgueiro chorón que arromaba as súas gallas sobre as augas do riu.
 Era un picanzo xoven, ia pouquiño que se desaniera. Inda dependía dos seus pais para non pasar escesiva fame.
 Naquela tarde de primaveira, o noso picanzo, non paraba de ver cousas inusuais. Non sabía se era pola súa curta vida, ou pasaba algo, que a él se le escapaba das entendedeiras.
 Debaixo das gallas do salgueiro e dos amieiros que defendían a cuna do riu, non paraban de pasar aves. Ian todas moi lixeiras, como se chegueran tarde a algúnha xuntanza. Paseron primeiro unhs azulois, despous un par de garzas, e detrás sen demasiado tempo de intervalo escomenzeron a pasar todo tipo de aves as veces mesturadas con algún mustélido.
 Paseron a ras de augua, voando, miorlas truteiras, carrixas, pitos verdeais dos pequenos,  pitas da auga, anduriñas do monte, algunha ferreiriña, e mezcladas vianse unhas bonitas garduñas, turois, donicelas, e detrás con paso curto, mais firme, unha parella de teixos.
 Polas beiras do riu, tamén escomenceron a circulas, corzos, raposos, e algún que outro lobo.
 Aquelo para o picanzo, non tiña nada de estraño, pous na súa curta vida, consideraba que era normal.
 Sobresaltouse o alcaudón, cando case sen facer ruido, pousouse ó seu lado un vello bufo, que o apaciguou decindole que non tivera medo, que era un amigo.
 Empezou debaixo deles unha ringleira de culebras de auga a subir, e detrás nadando, rás e sapos alborotando cos seus berros, que non se sabía se eran cantos ou sons de rabia.
-         ¿ A onde vain todos estes? – preguntoule o bufo.
-         Van a unha asemblea, na parte mais alta do riu. No bosque onde as árbores son mais grandes e hai mais. Queren que participe na asemblea todo tipo de animais e prantas. Vainos a vida, no que se decida nesa asemblea, pois parece que o riu vai desaparecer pronto, por culpa dos homes. Baixou desde a serra un corvo ferido que non podia voar, arrastrado polo riu, e contou que por alá arriba están a facer unhas paredes para que a auga non pase por aiquí. Queren levala para o outro lado dos lombeiros.
Nesto subiron voando por enriba das arbores do riu dúas grandes águias, que polo xeito de fungar parecian moi enfadadas.
 Unha das águias levaba nas poutas unha pucha negra toda esnaquizada, e seguia a esfuracala coas súas garras, como se aquelo tivese a culpa de todo.
-         ¡Veña rapaz, avía, temos que ir nos tamén esa xuntanza. Alí empezarás a aprender como funciona este mundo no que vivimos – dixole o bufo o pinzón.
 Púxeronse a voar detrás dos últimos que viran pasar.
 O novo paxaro era a primeira vez que saia da zona onde nacera. Sin sabelo ía na mellor compañía posible. Aquel bufo, aparte  de ser sabio xa era de unha idade, que inda que solo fora por ela, xa sería sabio

 Continuará…,


2 comentarios:

  1. Teño gañas de ver como remata esa asamblea.
    Por certo,tés unha riqueza lingüística enorme co ese vocabulario de fauna. Hai muitos nomes que descoñezo a súa tradución.

    ResponderEliminar
  2. Unha das ideas que poño, negro sobre blanco, é esa de que algúns modismos e xiros dos que poda acordarme, igual que as verbas,para deixar constancia da súa existencia.
    Seguiremos a falar da asemblea dos intelixentes animais.

    ResponderEliminar