viernes, 19 de octubre de 2012

PATATAS "O MURRIO".




 Acabamos de comer. Hoxe foi un verdadeiro festín. Comemos o ti Alexandre e mais eu en Veigadiz. Nunca un cacho de touciño veteado e un pouquiño de xamón dera pra tanto.
 Xa estábamos a primeiros do mes de Santos. Tamén había castañas, naqueles castañeiros do cimo das leiras de Veigadiz dos que solo quedan os esqueletes.O fin asadas e de sobremesa.
 Eu fora de caza. Tiña unha escopeta do dezaseis, que le merquera a un guardia civil de Hermisende. Como podedes supoñer ben, estaba indocumentada como case tódalas espingardas daquela época. O trelo entre nos e os portugueses era daquel xeito. Cambio escopeta por can. Ou; cambio pana por café e xabrón, e así unha lista de produtos case inacabables. Naide tiña  diñeiro, mais o troco existía. ¿Queres a miña escopeta? dáme o teu can, unha mina de centeo e un día de xornal, e é túa.Así eran as cousas. Os únicos que tiñan un peso ou unha peseta eran os civís, o mestre e o tratande de gando.
 Deixeime caer polas gallas. Estábamos na comida e Veigadiz.
 Como decia, eu fora de caza "cara" A Cancelada. Non tiña can, pous aparte de que a Dolores non os quería porque acababa colléndolles cariño, e decia que cando morrían, sufría moito. Tampouco necesitaba can, según o meu amigo Horacio, a min no me facía falta , pous cando le tiraba a unha perdiz, según él, eu chegaba antes que a perdiz o chau onde se tiña que  estampanar. O mellor era certo, había mutas perdices, eu tiña menos de vinte anos e as corzas tiñan pouco que facer comigo.
 Cando cheguei a Lagoas de Baixo, alí estaba o ti Alexandre. Facía de vaqueiro, pitillos e fumaba destes últimos.
 Eu tamén fumaba, cuarterón como mandaban os cánones daquela. Nunca faltou do bolso do cú, a petaca, o "librito", e o chisqueiro de mecha e pedernal. Éramos dous bos fumadores de tabaco de picadura. Se facía falta tamén nos servían as follas secas de silva. O diñeiro non rolaba demasiado daquela, o que o tiña, atamangabao e aqueles billetes non volvían ver a lus do sol.
 Decidimos comer xuntos. Eu levaba unha bota de viño, daquel que se facía coas uvas de Vilares e das parreiras e das viñas das Mioquiñas.
 A hora de comer, púxemos as viandas sobre o poulo,e antes de empezar, o vello amigo, ergueuse e achegándose a torgueira dunha uz que xa solo soltaba fumo, pous ela xa se queimera, escarvou ó lado e sacou unhas patatas envolvidas nunha folla de verza, que estiveran enterradas debaixo do lume.
 Tróuxoas hasta a mesa campestre, inda fumegando, e díxome: Anda, rapaz, colle unha. Mais espera que enfrie un pouco. Vais comer as famosas patas "o murrio" portuguesas. Imos derreter un pouco de touciño, e cun chisco de viño, faremos unha salsa de chuparse os dedos.
 Así foi. Chupemos os dedos, uns cigarros, e a bota de viño, e cual "porquiños do rei", puxemos a panza hacia arriba aproveitando as últimas raioliñas de sol que o día nos regalaba.
 Daquela os carto non tiñan apena valor.
 

 Unha aperta ti Alexandre.

6 comentarios:

  1. Unha boa receita, si señor.
    E que ben debían de saber as cousas nese ambiente e con boa compaña.

    ResponderEliminar
  2. Sempre se aprende algo,:)
    Non coñecía eu o truco da verza.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Todavía recuerdo las primeras patatas asadas bajo las brasas que probé en mi vida. Unas arenas de sal gorda, cerveza y buena compañía, también. Siempre las disfruto, pero nunca me han vuelto a saber igual.
    Abrazos, Xabres.

    ResponderEliminar
  4. Paideleo, Estas patatas son bastante populares en Portugal. Teño que engadir que o meu amigo Alexandre era portugués, dunha fermosa aldea de Tras os Montes, que ademais ten un nome moi bonito: Motouto.

    ResponderEliminar
  5. Ohma, Agora hai quen embolica as patacas en papel de alumino. Nos tíñamos recursos mais ecolóxicos.
    Bemvida por estes lares.

    ResponderEliminar
  6. Xibelius, yo, el otro día comí unas en Vinhais estupendas, aliñadas con un aceite de la zona donde habian macerado unas hierbas, que la proxima vez que vaya por allí preguntaré cuales eran.
    Las patatas y la posta de vitela, estaban estupendas y a un precio muy razonable, habida cuenta de ese 23 % de iva que ellos tienen.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar