jueves, 7 de febrero de 2013

PROMESAS SON AMORES..



 Xa se falou nesta Agora do Quilombo que os retornados do outro lado do charco, querían montar en Val dos Marcos.
 Tamén se describiu a forma na que debería estar regulada a maneira de pagar, pous había cousas de demasiado volume para levar como elemento de pago, e outro demasiado pesados.
 Aparte de de que levar cestos con produtos do campo, tales como castañas, zreixas, patacas e repolos, era motivo de cante, pous ver un home indo as agachadas camiño do burdel con un cesto, ou saco cargado, espereitado polos rapaces que as veces adoitaban tirarle pedras o home que se acercaba o quilombo, tiña como problema que podían ser obxecto de mofa e befa calquer outro home que, por motivos de traballo tamén podía ir cargado con calque recipiente daqueles.
 Imaxinádesvos que tamén vaian na mesma dirección mulleres cargadas con cestos de cousas apañadas nas cortiñas, entón poderían ser tachadas tamén de “visitadoras”.
 A min ocorréseme imaxinar o crego, na mesma dirección, levando as varas de pau do Palio. ¿Seria para o mesmo?. Seguro que o crego tiña outro medio de pago menos ostentoso. Os diñeiros dos responsos avultan pouco.
 Foi famoso o que pasou cun “visitador” , que ía cargado cunha columna de pedra da súa casa que a raíz daquilo quedou como se fose parte do Castro das Muradellas.
 Cando os tempos azancaron (os tempos avanzan xunto coa ciencia, a pesar dos homes), entón as cousas cambiaron sobre todo no eido desa cousa que o parecer non ten emenda.
 Este novo sistema de pago, na zona rural e empobrecida colleu outras maneiras. Alá polos anos sesenta, sucedeu algo que excedeu o ámbito familiar do interesado por unha falta de prudencia da “hurí”.Esas señoras que acompañan os homes dunha determinada relixión cando van o paraíso.
 Parece que o noso home, viudo desde facía moito tempo e inda con calenturas, tivo trato coa hurí de marras, fermosa pastora da comarca e que aproveitando o sestear das reses que apacentaba, retozou co noso viudo a sombra dunha urces reáguedas que crecían  na beira dunha fonte de auga limpa e fresca, na que previamente introduciran, tamén, unha botella de vinho verde.
 Aparte de satisfacer a libido de cada cual, o galán prometeulle unhas mañuzas de lá para uns “miotos”.
 Pasou o tempo e a hurí non acababa de recibir o prometido. Xa se sabe a pouca seriedade dos homes a hora de cumprir as súas promesas amatorias.
 Nunha mañá, a hora de xuntar as cabras para levalas os montes, a hurí-pastora, diante de varias mulleres mais, que axudaban a sacar as reses do souto dos castañeiros, dirixiuse con un esceso de contundencia a unha filla do inda acalorado amante da hurí, nestes términos:
-    Ten que darme vostede un guedello de lá.
-    ¿Eu, por qué?- respondeu a interpelada con asombro.
-    ¡Prometeumo o se pai de vostede! Dixo a hurí.
-    ¿Qué clase de negocio teñen vostede e o meu pai?. Que le   pague él o que le prometeu!.
-    Díxome él que lo pedira a vostede, que é a que ten a lá.
-    Pero, porque le teño que dar lá.
-    Pous porque a foda xa a votemos, e a cambio el prometeume eso para que fixera uns “miotos”.
 Como boa filla, esta entregoulle o famoso guedello.
 Da conversa entre pai e filla non transcendeu nada.
 Quedou o dito aquel que dice,” se non tes a lá a mau non retoces baixo as urces”

3 comentarios:

  1. jajaja vaia neghosios!
    Menos mal que as mulleres entendéronse.
    Bicos,Xabres.

    ResponderEliminar
  2. Las mujeres es que somos muy listas...jajajajaja.

    Escolti meu amic, no pateixi, la meva próxima entrada al meu blog la faré en catalá y será per a vostè.

    El motivo por el que escribo todo en castellano es, ni más ni menos este:
    Si publicara en catalán tendría que poner un traductor y ya sabes que estos traductores virtuales son muy malos y te cambian el contenido del texto, no obstante y en un alarde de "valor" por mi parte, publicaré un texto en catalán (hermosa lengua) y te lo dedicaré :))
    Dicho esto te dejo un gran abrazo.

    P.D.
    No sabes lo que me cuesta leer el galego..pero que conste que me esfuerzo mucho ¡eh!

    ResponderEliminar
  3. Lo prometido es deuda. Ya lo tienes http://wersemei.es/?p=6241
    Un abrazo

    ResponderEliminar