jueves, 14 de marzo de 2013

¿ESTÁ EN CRISE O MUNDO DOS MEDOS?



Pareceume velo. Non estaba seguro. Pensei que debía estar errado, pois estaba a chorar, ou polo menos iso era o que parecía.
 Fíxenme o distraído, como se non o houbera ollado. Acerqueime soturnamente hasta que él xa non puido fuxir, pois xa estaba descuberto.
 Efectivamente estaba a chorar.
 ¿Qué te pasou?. ¿Non será unha artimaña túa?, pois non creo que te de resultado. Xa fai demasiado tempo que nos coñecemos, e tamén xa fai moito que a min as túas argalladas, nin me fan gracia, nin me producen nada. ¡Fíxenme vello, amigo! E o tempo encapsula a un.
 ¡Que mais quixera eu!, xa nin argallar cousas se me é dado. A miña fución neste mundo xa está periclitada, xa non teño influencias por ningures, nin os rapaces me fan caso. O problema non é so meu, os colegas de choio están todos o mesmo.
 Cando vostede chegou estábamos nunha xuntanza tratando o tema, para ver se tiña solución e se non teriamos que ver a maneira de desaparecer deste Planeta. ¡Aquí xa non facemos nada!, mellor buscarnos a vida na emigración. Fálase de que no Planeta desdoblado da Terra, alá na galaxia paralela a esta, inda teriamos moito que facer.
 Empiolouse nun cabaco do trobo castañeiro, e quedou nunha postura que denotaba a sua tristura, ollando para min con ollos de carneiro degolado.
 Nunca eu vira o Rampoño daquel xeito. Efectivamente era o Rampoño, ese medo que sempre andaba meténdose no corpo dos nenos pequenos, espereitandoos desde os lugares mais escuros. Eles nunca o viron, pero sabían perfectamente cando estaba alí, pois a súa mirada arrepiaba-os.
 O ver que o Rampoño falaba comigo, polas fisgas do vello castañeiro que naquel tempo xa espantaba mais que os diferentes medos, foron asomando o Ronco, A Mau Peluda, O Farrampón, O Estalalouxados, e demais seres encargados de facer durmir os rapaces e os non tan rapaces. E tamén espantalos dos eidos perigosos.
 Estiveronme a esplicar que nesta época os rapaces xa non le facían ningún caso, e inda o que era peor os pais xa non se acordaban deles.
 Os rapaces nestes dias xa nacen con un wasap (Non sei se está ben escrito), incluso xa se ten dado o caso de que algún xa se comunicaba co mundo exterior cun aparello deses desde o útero da nai.
 Efectivamente nestes dias que están a correr, coas técnicas modernas de comunicación, os medos foron arrumbados nas esquinas do esquecemento, que é o peor lugar para calquer ser existente.
 Un deixa de existir cando xa non hai ninguén que o teña en conta, nin falen del. Parece ser que no mundo da Física Cuántica, algunhas cousas se non teñen quen as mire, non existen.
 Marcheime cabizbaixo, pensando que non solo le pasaba ós Medos ancestrais. Os que tiñan profesións moi ligadas a realidade da Terra, tamén empezaban a ter os mesmos problemas.
 Polo menos, moitos deles xa empezan a emigrar, non a outras Galaxias, pero casi.




2 comentarios:

  1. Esquecíchete "do home do saco", :)
    A verdade que estaba ben que nos meteran algo de medo porque era unha maneira de controlarnos uns pais que adoitában a andar sempre ocupados. Pero tamén se pasaron... jaja, porque había nenos que non se atrevian nin a mexar ás oscuras.
    Eu xa non lles falei nunca do medo aos meus fillos e coma eu fixeron moitos e claro agora están en vias de desapercer.
    Agora os nomes do medo son outros : paro,inflacción, soedade... etc.

    Unha forte aperta amigo.

    ResponderEliminar
  2. Amiga Ohma, os medos que ti mencionas ó fin, coido que non son medos, son putadas que, nesa cousa que chamamos "ciclos", acontecen cada x tempo. Desde logo o que le chamou ciclos, esqueceuse de que so se dan na Natureza. Na economia, é unha maneira de meterle a mau no peto o personal.
    Unha forte aperta, amiga.

    ResponderEliminar