domingo, 19 de enero de 2014

A TEIMA NOS DESASTRES



                            CAPITULO I (A CHEGADA)
Habia muto tempo que saira da Xeabra. Non habia pan pra todos, as veces nin auga. Ësta era necesaria pra regar unha terra que as veces parecia un deserto, pola sua falla.
Marchara con dezaoito anos, tiña cincuenta e cinco, e no entremedias tivera tempo pra todo, para pasar fame e tamén para facerse rico.
Chegou a Puebla de Sanabria nun tren escangallado. Un chamado coche de linea acercouno hasta Padornelo onde decidiu baixarse e seguir camiñando pola serra da Gamoneda. Pensaba que inda a coñecia.
Deixou parte da equuipaxe en Padornelo, co encargo de que la tiveran alí hasta que volvera por él.
Desde a portela hasta o alto dos Poulos, a distancia non é demasiado longa, mais hai que ter uns bois pulmois para subir desde unha cota de mil douscentos metros a outra de cerca de mil setecentos nun tramo de menos de un kilómetro. Ël sabia que o chegar o cimo, desde alí hasta a Teixeira era sempre costa abaixo. Senon atopaba o camiño sabia que pola beira do riu Gamoneda, non teria perda.
Non fixo falla ir a beira do riu. Todo o alto da serra estaba cheo de aerogeneradores que se comunicaban entre sí por unas pistas- Decidiu baixar polo alto, polo entremedio das serras da Teixeira e a de Castrelos. Inda se recordaba do Penedo Brión, e sabia que non le sria dificil chegar a él.
As pistas estaban casi perdidas. Fora crecendo o monte por elas. As aspas dos eólicos estaban ferruxentas e na maioria faltaballe unha cando non todas.O desastre xa ocurira uns dez anos atrás. Pensou que os homes ó peor non tiñan remedio, repetian os mesmos erros case sempre. Eso sí, despous dos desastres naide tiña a culpa, todos decian que eles xa avisaran. Claro por eso pasaba o que pasaba, todos avisaban do que pasaria, se non se les daba a eles a razón.
Durante todo o traxecto hasta o Penedo Brión, sempre tivo a sensación de que non camiñaba solo. As veces, incluso, chegou a sentir ruidos o seu arredor. Non albiscou nada nin naide por moito que esculcou.
Descansou a comer un entrepán no mesmo Penedo. Desde alí localizaba, pola esquerda a cidade de Bragança, e varias aldeas portuguesas. Cerca e tamén a esquerda estaba a Teixeira (¿Chamariase así pola cantidade de Teixos que nalgúnha época houbo?). A direita e no val do Tuela estaban Hermisende e Sancibrao, vendose as aldeas portuguesas de Montouto e a Moimenta, deixandose ver algunha aldea das Frieiras o lonxe.
Pola hora que era, cerca do medio dia, chamoulle a atención que non habia fume en ningunha das poblacións que vislumbraba. Era forzoso que as xentes fixeran lume para aviar a comida, pous a electricidade, xa ia tempo que non existia, despous do desastre.
Non pensou mais no lume, pous volveu a escutar un ruido, que proviña da outra banda do Penedo, poderia ser algún animal salvaxe, polo que desenfundou unha especie de sable, moi parecido a unha catana, con gume polas duas bandas. Sabia que con aquelo defenderiase ben, na sua estadia no medio Oriente aprendera a manexala e era case un experto.
Acercouse a outra banda do Penedo, e deulle unha volta arredor sen encontrar nada nin naide, mais os ruidos eran cada vez mais evidentes. Regresou o sitio onde tiña o pequeno macuto, e o chegar descubriu que estaba todo espallado, o que tiña no macuto, arredor da pedra na que estivera sentado. Non faltaba nada, comprovou dunha ollada, mais aquelo arrepiouno algo. A partir de entonces non deixaria de man o sable.
Baixou desde o Penedo Brión, buscando as zonas de menos monte, hasta que chegou os prados do Falgueirón, donde detrás de unha matugueira de urces reádigas estaba un home, cunha coroza de palla a pesar do calor que facia e de que non habia ningunha neboa en toda a parte de ceo que se vía.
Cando se acercaba a él, pensou que aquela persoa eralle coñecida, mais era imposible que así fose, pous era a figura do “Ti Inácio” o ferreiro da Teixeira, recordaba que aquel home bo,morrera cando él era pequeno. Era imposible.
Antes de que o “ti Inácio” desaparecera, escoitoulle decir : 
 Coido que estás perdido nestas serras deshabitadas. Cuidate moito. Guardate dos Mouros.

1 comentario:

  1. "Guardate dos Mouros"... que ya se sabe que por esas sierras siempre los hubo. Me gusta, Xabres y quedo a la espera de la continuación (si no te la destripa Felipe en el fb, jejeje)
    Abrazos

    ResponderEliminar