miércoles, 5 de febrero de 2014

O GATO MIKOSIO




 
               O GATO “MIKOSIO”


Aquel gato aparecera pola casa, porque a Maria Caxera, daquela fixerale un regalo á miña irmá Milagros.
Na casa de meus pais non era doado ter gatos ou cans. A nosa nai non os quería. Eu descubrin, co tempo, a razón de tal rexeite. Inda que aparentemente parecia que non, a Xefa collíale demasiado cariño os animais domésticos.
Era ela a que le daba de comer, e os inquilinos querianle a rabiar, inda que ela raras veces os aloumiñaba. Era case unha postura.
Deixouse romper osos do metacarpo, nunha caida, para min bestial, por non pisar a un can de caza meu. Na escaleira da subida o segundo andar da casa, no cimo de todo, sucedeu, e por non pisar o animal, miña nai caeu escaleiras abaixo, e rompeu o oso. Puido haber desfeito a crisma, e ser moito peor.
Sin embargo, nunca le botou a culpa. Sempre dixo que a culpam fora dela, por non fixarse.
Ben certo é que todos os cais que tiven e que ela me cuidou, querian-na a ela, por enriba deles mesmos. Das cousas que daban conta desto e que miña nai me contou, falarei noutro momento, e algúnhas non teñen desperdicio.
Volvemos co gato, que nun principio, tiña as mismas premisas de aceptación por parte da Xefa, que os cans.
Chegou a casa de pequeniño, foi criado inda case con biberón. Foi crecendo, e tiña a consideración de todos os membros da familia. Todos le queriamos e él querianos a todos, con ese cariño incoprensible dos gatos.
Subiase o colo de algún de nos e ronroneaba, xusto hasta que se cansaba e se te descudabas, o esperezarse, podia clavarte as suas retráctiles unllas, no primeiro feixe de musculos que tivera a man.
Meu pai, en cuxo colo pasaba a mor parte do tempo, chmábale “Mikosio”.
Cuando o Xefe, estivera onde estivera o nomeaba polo nome imposto, o gato aparecia case como un raio.
Fixose un gato grande e o meu parecer valente, tanto que unha vez metin-no nun apreto, coido.
Polas noites no faiado dun dos cuartos, sentianse correr e chiar as ratas que alí subian desde a parede do Sagrado. Sobre todo no inverno. Veise que buscaban calor e algo de comer.
Unha noite subin-no alí, e o pouco tempo no faiado habia unha verdadeira barahunda feita entre o Mikosio e as ratas. Non sabemos que pasaría, pous cadaveres non apareceron, mais durante un tempo as ratas desaparecero. O gato tamén tivo unha especie de cambio de pelo.
Pasou o tempo e o gato cada vez estaba mais tempo sen aparecer pola casa. Cando aparecía, viña case esquelético, comía durante uns dias e desaparecía de novo.
Esta forma de proceder atribuíamola a necesidade das gatas da veciñanza, pous puñanse melosas durante algún tempo.
Nunha ocasión desaparecou durante un largo tempo, e todos pensemos que morrera. Seguro que algún raposo ou algún gato montes, diran conta del.
O gato xa era istória na familia. Algún responsos tivo naquel tempo.
Pasado mais de medio ano, nunha ocasión, meu pai foi a limpar uns castañeiros as Breas, e eu acompañeino.
Cando íamos polo porto da Augüeira, meu pai viu un gato nos prados do Carballal, díxome, mira donde está o Mikosio, e sen mais chamouno polo seu nome.
O Mikosio baixou como un lóstrego, e empezou a fregarse contra os zamancos e pantalóns de meu pai. Deixouse coller e acariñar polos dous, cousa que nos permitiu ver que xa non tiña o pelo de sempre. Tiña unhas verdadeiras púas, fortes e rexas. Estaba gordo e parecia que medrera. Parecia o doble do gato caseiro. Fixérase montés.
Acompañounos hasto os castañeiros, e de volta a casa tamén. Deu un percorrido polos seus antergos andurriais, e pola noite quedou na cociña.
A mañá seguinte non estaba. A gateira da porta inda estaba no seu sitio.
Do Mikosio nunca mais se soupo.
Despous de comentalo, moita xente deu razón del en lugares dispares, cousa que non podia ser, mais era bonito escoitar que podia andar nalgures.


1 comentario: