martes, 11 de febrero de 2014

PASOU NA ALTA XEABRA



 
Dia un Xullo de mil novecentos cincuenta e sete. Habia que ir a Hermisende con tempo bastante para subir ó camión do Maragato.
Unha vez que a caixa do camión estaba abarrotada de xente dos pobos do axuntamento, o Maragato arrancou o motor do camión e iniciou o percorrido da pista, aquela pista chea de croios, e que levaba a Lubián.
Alí ibamos, entre toda a xente, un meu amigo mais eu, agarrados a donde podiamos, e aguantando o traqueteo daquel vehiculo. Un camión daqueles de morro largo e seguramente con tantos anos que xa non deberia andar e menos cargado de xente. probablemente o bon do Toño non se puido negar.
As ordes viñan do goberno civil, e sé se negaba, seguro que teria problemas. Daquela habia cuartel da guardia civil en todalas aldeas, e o mellor tiñan instrucións de garrote e tente tieso.

A todos cuantos habitan en las Comarcas, como un solo hombre y al frente de sus Alcaldes, Párrocos y Jerarquías, han de estar en las Estaciones desde las 3:30 de la tarde para saludar al Caudillo. Orensanos todos de la Ciudad y del Campo: El Generalísimo viene a Orense en revista a la provincia. Que nadie falte a la hora de su triunfo ¡Viva Franco! ¡Arriba España! “,

Este era o comunicado da máxima autoridade de Ourense, e na de Zamora supoño que seria igual, desgraciadamente non a atopei. Esta que transcribo é literal e está na rede.
Xa sabedes o motivo daquela viaxe.
Meu amigo e mais eu tíñamos na cabeza outrso menesteres. Ir a Lubián nun camión, non era moco de pavo para nos.
Rondabamos os quince anos, iban raparigas de toda a comarca, haberia posibilidades de ligue ou polo menos de chiscarle o ollo a algunha.
Polo camiño decidimos que o noso pelo non nos gustaba. Caíanos enriba da cara, e iso non era cousa de mozos con ganas de ligar. ¡O pelo debria ir hacia atrás!, como o dos mozos que xa fixeran a “mili”.
O camión deixounos na Ponte Mazaira, lugar desde o que subimos camiñando.
Xa en Lubián, meu amigo e mais eu, entremos no comercio do Sotillo. Preguntemos se habia “fijador” para o pelo, e ante a resposta afirmativa mercamos u tarro, de aproximadamente uns cento cincuenta gramos do tal mexunxe.
Subindo hacia a estación do ferrocarril polo carreirón que atallaba e evitaba os rousos da carretera, habia que pasar no rigueiro que non me lembro como se chama.
Alí armados de peines de bolso, e co fixador a man fumos untando o pelo e peiteando-o hacia trás como mandaban os cánones do bon mozo.
O pelo era rebelde e sempre buscaba a sua tendencia natural, polo que o tarro da gomina, tamén chamada así, quedou todo enriba das nosas calugas. Todo aplastadiño hacia atrás, e brilante, que o sol reflectíase nel.
O problema apareceu pola tarde, unha vez que aquelo secou. Empezou o pelo a escamarse, levantarse unhas sobre as outras,as escamas, tal cual guerlas de trutas tratando de respirar fora da auga.
Lavando o pelo tampouco se arreglou o problema.
As rapazas, cachondeeronse de nos, que cual raposos co rabo entre as patas, tratemos de facernos invisibles. Cousa que conseguimos, volvendo ás nosas casas camiñando, e evitando a chamada carretera. ¡Sempre por carreiróns.!
As veces o avergonzarse, é o que trae.¡A camiñar cual burrros!
Creo que aquel señor que viña nas moedas de entonces coa súa fotografía,cun letreiro que decia: caudillo de España, pola gracia de Dios, nin se enterou da nosa traxedia. Tamén dixeron que na estación non parara nin un segundiño o tren
¡Dios as veces, ten....cada..gracia!

1 comentario:

  1. jajajaja ayyy que bon! Escachei coa risa, Xabres. Quen che vería co pelo ao Carlos Gardel primeiro e logo como as púas dun ourizo! jajajaj
    Bicos.

    ResponderEliminar