jueves, 20 de marzo de 2014

COUSAS DE VELLOS






 Chegou, pola tarde, o ti Xoao co magote de ovellas e cabras, como cada día.
 Viña o home todo alporizado e cun cabreo mais grande que o “beche” que tiña pra servicio das cabras.
 Á  primeira muller que foi a esperar a res xa lle contou o seu encontronazo cun lobo. Saíule no rouso do Camiño Novo. Alí mismo no caneiro da leira de Cadavais da Severina, saltou sobre a mellor borrega do magote e achagou-a. Non a puido comer, porque apareceu rápido o León, aquel can grande da tia Fernanda, can que de cando en vez a tia Josefa ou a tia Lisarda, cun barredeiro atizabanle nos fuciños que o obligaba a sair a lume de carozo pro camiño, pasando diante do ti Anselmo sen falar con él. O León encirrouse co lobo e xa o tiña medio amendrullado, hasta que o pastor, co ánimo de axudar o can, acercouse e co garrote de rebolo restre que levaba tentou de darle unha garrotada o lobo, mais con ta ma sorte, que no barullo o que recibiu o garrotazo foi o can. Este pensou que estaba facendo mal o seu traballo e liscou cara a aldea, e o lobo fuxiu hacia a Xan Macia.
 Decia o ti Xoao que o lobo debia ser vello, pous era grande e astuto, mais que xa le debia fraquear as forcias, pous se non fose polo garrotazo ó can, seguro que éste deixaba o monte con un lobo menos.
 Pasados uns dias, volveron a ver polo mesmo lugar o lobo, que andaba a procura de algo que esfarrapar e que le servira pra achegalo o estomago, que xa debia ter pegado, unhas paredes con outras.
 Viuse pola mesma zona varios dias xa o lusco-fusco.
 Enterouse o vello cazador, e decidiu que, tal como escoitera, ó mellor facialle un favor o lobo, mandando-o ó outro barrio, e o mesmo tempo aliviaballe a presión o pastor, pous desde o dia de marras, o León o chegar o rouso, liscaba como se le puxeran un lato atado no rabo.
 O empardecer, xa desde que a res estaba nas cortes, colleu a vella espingarda de perrillos as vistas, e que sé se descuidaba podia espirrar hacia atrás.
 Aquela tarde-noite, habia lua chea e tamén facia unha rasca desas que adoitan chegar nas noites de xaneiro, cando xea.
 No mesmo rouso do Camiño Novo estaba un castañeiro centenario que xa tiña unha boa troba no tronco, cousa que le serviu o vello cazador para meterse nel a esperar o "latas", resguardandose do friu.
 Meteu unha pedra dentro pra facerse un sentalló. Apoiou a espingarda contra o castañeiro, encheuse de paciencia, tanta que non puido sacar a petaca pra liar un cigarro.
 Entre a paciencia e o de que coa pelliza que le proporcionaba calorciño, entroulle a modorra e adormeceu.
 Espertou sobresaltado o sentir un ruido na sua chabola, e deuse conta, non sen sorpresa, que o vello lobo tiña a metade do corpo dentro da troba.
 Asusteronse os dous, tanto foi o susto que ambolos dous solteron duas sonoras ventosidades. O lobo sacaballes chispas o xeixos na sua fuxida, e o vello cazador, tivo que volver pola espingarda o dia seguinte. Fiquera alí olvidada.

4 comentarios:

  1. jajajajaja ayyyy mala mar te coma que aínda me ficheches rir!
    Meu deus que historia máis coñera!
    Ese medo non só pasa co lobo. Todos os animais témosno respeto, jaja
    Xabres, Xabres es a hostia!
    Bicos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Se consigo con estas lerias que abrolle un sorriso, xa estou ledo.

      Eliminar
  2. MUi boa esta !. Dá para unha película de risa.

    ResponderEliminar