martes, 25 de marzo de 2014

SE ALGUNS CASTAÑEIROS FALARAN.....


 

Xa era no tempo no que había més nas leiras.
Era un tempo no que os cordeiros e cabritiños, de cando en vez, alguén os levaba a pastar a algunha mes tenriña, e verde. Sempre pensei que se fose do gremio, encantariame comer daquelo.
Tamén era tempo de esculcar nos castañeiros para ver como criaban os paxaros, pescudando sobre todo os pitos verdeais. Unha niñada de pitos, merecia a pena, pous adoitan criar entre sete e oito crias, que cando estan xa en sazón, fan a mesma comida que outras tantas perdices.
Andando a procura da paxaragada, un descubre e ve un monton de cousas. Acaba descubrindo maneiras e segredos dos conveciños.
É o que ten aquelo de andar polo alto das arbores. Son as reminiscencias da época simiesca, que volve a reencarnarse.
Ahora que xa podo, pous naide sabia nada, mais que eu, e os interesados xa vai moito tempo que emigreron a mellores terras. É a "fada" de todos nos, os do noroeste desta peninsula, na que según decia un escritor, creo que romano, un mono podia baixar desde os Pirineos hasta Gibraltar, sen baixarse das copas das arbores. Agora xa mirais como está o negocio.
Volvendo o que foi motivo desta entrada, contareino, con moito medo, pero contareino e con todo o respeto do que son capaz.
Pareceume un pouco cedo.
Era antes do medio día, era un dia calquera da semana. Nesas horas é cando os paxaros acarrean mais cibaco as crias, polo tanto era a hora mellor para controlar os nius.
Controlera un pito real, ese que nos chamamos verdeal, que estaba dando viaxes hacia un castañeiro. Pola velocidade dos viaxes cheguei a conclusión de que alí habia xixa dabondo pra unha semana.
Acerqueime o castañeiro de marras e desde abaixo, non se vislumbraba donde podia estar a niada. Decidin subir a buscar o buraco, pous estes paxaros crian dentro de buracos, xa feitos, ou que fan eles.
O castañeiro era, é, trobo toda a torada do tronco, estaba, está, nun caboco cerca dunha daquelas leira de mes, e xa tiña unhas follas que cubrian todo.
Cuando estaba encaramado no castiñeiro descubrí unha moza, armada cunha fouz e unhas vergas, o que me deu a pista de que ia segar mes a algunha leira daquelas.
Pola banda contrária a que ela apareceu, asomou un mozo, que todos sabiamos que era o seu. E dicir que mozeaban un coa outra.
Fiquei quedo no alto do castañeiro, sabendo que non me guiparian, pous coas follas e unha boa cantidade de gameitas, tiña o observatório mui ben camuflado. Tiña verdadeiro interes en ver como era aquela xuntanza.
Os acontecementos, foron rápidos case como un lóstrego.
Pra sorpresa miña, viñeron os dous dreitiños a troba do castañeiro no que eu estaba encaramado. Chegueron alí sen falar nadiña. Sen pensalo nin titubear puxeronse alí debaixo de min a facer o traballo da perpetuación da especie.
Foi rápido, cousa que agradecin.
Cuando baixei con sete pitos, o oitavo escapouseme, na leira xa non quedaba ninguén, solo faltaba un mañuciño de mes nun canto.

6 comentarios:

  1. Fuches a ver paxaros e abofé cos viches! :)
    Non sei o que é "mes, trobo, caborco". Pescudei no Xerais pero nada!
    Un pracer lerte, Xabres.
    Aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Mes é o centeo tenro de menos de unha cuarta de altura. Trobo e oco, valeiro, usabase moito tamén cos cortizos das colemas. Caborco e un desgaste feito pola auga da chuvia na terra, tamen se di cabaxe, cabanco e seguro que algunha variante mais.

      Eliminar
  2. Cada vez que me dices que non coñeces unha verba das miñas, aledome, pous trátase un pouco diso, de ir metendo verbas da comarca da Xeabra Alta, pra que non se perdan, pous a fala dos antergos vai en declive.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Gracias, Xabres.
    A nosa fala galega ten unha riqueza de vocabulario incríble.
    Paseniño, paseniño vaise perdendo.
    A miña neta fala tanto o galego coma o castelán, pero claro aínda así o vocabulario ímolo perdendo todos. A mín chámame avoa, e cando tiña uns tres anos pregunteille ¿é como se chaman as túas abuelas? E me contestou, abuela Marina e abuela Avoa, :) Agora con cinco xa sabe que avoa é en galego. Eu son feliz cando a sinto falar o galego, :)
    Aperta.

    ResponderEliminar
  4. Tamén eu cachei e fun cachado neses canivetes pero como son unha chisca máis novo vou calar, de momento.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Espera a que os interesados morran. Pero se es ti, mellor que naide o sepa.

      Eliminar