viernes, 25 de abril de 2014

A GRAN DANZA.



 
      F OTO EN ENTRADA CONTIGUA.




Desde o alto do campanario viase todo o Sagrado. As lápidas estaban todas adornadas con flores ó seu arredor. Era o mes de Xuño, concretamente a noite do vintecatro.

A lua inda entraba de esguelle no Sagrado. Non estaba no seu cenit.

No alto do campanario albiscábase unha figura, non demasiado definida. Parecia un esquelete que tivera nas mans unha viola. Era como se estivese tensando as cordas. Parecia que o estaba afinando.

Tiña tal concentración aquela figura que mesmo parecia non darse conta de nada. Pasado un pouco de tempo e xusto cando a luz da lua estaba a punto de virar hacia a parte contrria do se nacemento, encaixou a mandibula sobre a viola e fixo correr o arco sobre as cordas.

Cando sonou quel do sostido da octava mais grave do intrumento, foi como un sinal. Empeceron a sair esqueletes de debaixo das lápidas. Durante un pouco de tempo solo se sentia o ruido de ósos chocando uns contra outros.

Habia algo de confusión en todo o sagrado, que se enchera de esqueletes, pous como tradicionalemente e durante moitos anos, en cada sepultura enterreranse varios mortos. Agora o erguerse tiñan que, entre eles, cambiarse ósos, pous incluso algús tiñan a calivera de outro, e non digamos de ósos mais pequenos, tales como falanxes, radios, cúbitos e demais. O único que non tiñan en confusión era a parte da columna vertebral que seguian mantendo cada unha o seu esternón ben enganchado coas costelas.

Pasados uns segundos, e xa con todos os ósos en cada propietario, todos foron collendo algún instrumento musical. Alí habia de todo, violins, bombardinos, trompetas, clarinetes, fagots, timbales e demais instrumentos de percusión. Resaltaban sobre casi todos as famosas gaitas xabresas, inda que tamén andaban afinando por alí algunha galega.

O chegar o punto no que as sombras que proxectaba a lua empezaban a virar, todos os esqueletes como se fosen un solo, puxeronse en pose de empezar tocar, mirando pro alto do campanário, donde estaba o esquelete da viola, que cambiou o instrumento por unha batuta.

Deu uns toques coa batuta na campá grande, chamando a atención e pedindo concentración e sinalou o primeiro compás, que sonou perfecto.

Simultáneamente á primeira nota do primeiro compás, sairon debaixao das lápidas todas as mulleres e iniciaron unha danza.

Os instrumentos musicais, amordazaban o ruido das osamentas. Pous tanto os que tocaban como as que bailaban, o non ter nada mais que ósos, ó rozarse uns cos outros facian un ruido caracteristico.

Cuando a lua empezou a esconderse detrás dos castañeiros, tanto músicos como danzantes, empeceron a facer solo musica cos seus esqueletes todos descarnados. Entonces foi cando empeceron os cambios de osamentas, entre uns e outros. Daba gloria ver como en corpos de homes habia caliveras de mulleres e o revés. Como en toda parranda que se precie houbo bromas que noutras circunstácias poderiamos decir que serian pesadas, aiqui eran voluntárias, a algún esconderonle un femur a outros, as falanxes dos pes, incluso algún andaba sen mandibula. O espectáculo era do mais enriquecedor.

Escondeuse a lua e empezou a querer arraiar o dia, entonces todos volveron a entrar cada un no seu buraco.

O sagrado quedou soliño, solo se notou que alí estivera alguen, en que algunhas das flores, parecian pisadas e algo esbaragalladas.

Na mañá seguinte cando foron a tocar “maitines”, alguén atopou por alí unha palleta de bordón de gaita.

Hoxe creo que está no museo etnográfico da comarca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario