sábado, 31 de mayo de 2014

UN MEDICO PARA UN ENFERMO






             UN MEDICO PARA UN ENFERMO.


Nesta semana na que o sol e a chuvia estuveron xogando o escondite, xogo no que o fin gañou a chuvia, estivemos na Alta Xeabra, na mundialmente famosa terra de Val dos Marcos, terra na que algúns de nos nacimos e tivemos que desarraigarnos por mor dun estómago que esixia comida todolos dias, e tiña unhas arelas de mellorar un chisquiño a forma de vida.
Ben, as noites de pedra transcurriron, e agora un debece por ir a cuidar a hortiña, e tentar a sorte, en forma de produtos cultivados por si mesmo, que dito sexa de paso, hai anos que moi ben e outros regulin. E o recordo da vida daqueles seres autárquicos que nos precederon e sempre andaban mirando o ceo, para averiaguar se as xeadas, as chuvias ou as sequias le ian madar todo o esforzo e traballo dun ano o carallo.
Nesta semana o tempo non nos axudou demasiado. Esperémos que aqueles produtos que soterremos, sexan o suficiente fortes e aguanten os malos humores do tempo.
Despous do que considerabamos xornada laboral do dia, adoitabamos reunirnos cun matrimonio amigo para dar conta dunhas viandas, uns grolos de Albariño, e fecer tertulia a carón da cociña de leña, que desprendia un acolledor calorciño,
O meu amigo, falando dunhas cousas e outras, referiume unha historia, que cando menos é ocurrente ou que sé se quere, fala dunha época xa superada, e que poderiamos enmarcar naquelo que o escritor galego denominou “A Longa Noite de Pedra”.
O relato, mais ou menos. Foi como segue:
“Era a principios dos anos setenta, do século pasado, dia seis de Agosto, recordoo porque era a festa de Castrelos.
Viñeron a buscarme para que fora a chamar o médico para o que parecia unha urxencia. O de Hermisende non estaba, forase de vacacións. A alternativa era o de Lubián.
Cheguei a Lubian e alí non estaba tampouco. Dixeronme que estaría na Puebla, que era onde adoitaba ir polas noites.
De Lubián a Puebla, por aquela carretera primixenia, inda levaba un bon tempo, pous entre Padornelo e Requeixo parecia que o trazado o fixera un monxe giróvago.
Atopei o médico xogando a partida cuns colegas. Expliqueille o motivo da miña visita e respondeu que non iba. Dixenlle que alá él, a min que me dira un escrito no que dixera que non queria ir. Se non mo queria dar chamaba a guardia civil como testigo e eu liscaba.
Acedeu a ir conmigo, no meu coche, coa promesa de que o volveria a levar a Lubián.
Desandemos o camiño que eu xa andera, e cando pasamos por Castrelos, xa estaban co baile de despous de cenar.
Daquela a carretera, era eso, unha carretera, para carretas tiradas por cabalos. Estaba sen asfaltar e con unha chea de croios polo medio. Desde Hermisende a Sancibrao era un camiño de terra, cos correspondentes regos que o atravesaban, nos que os tubos de escape se emboligaban perfectamente.
Cando estabamos chegando a ponte sobre o Tuela, un foco fixo señales de que debiamos parar.  Parei pous era unha parella de guardias civiles un guardia e o sargento, que se acerqueron o coche pola ventanilla do copiloto, xusto a carón do médico, que desde Puebla non deixera de refunfuñar. Coñeceron-o e enton dixeronle, ¡Hombre Don Xxxxx, que hace usted por aquí!.
Pues ya veis- respondeu o galeno- vamos de putas.
Llegamos al pueblo el médico quedó en casa del enfermo, y yo fuí a dar la vuelta para regresar cuando acabase. Xa me estaba esperando. Subiu o carro e con cara e xestos de poucos amigos dixome que me invitaba a unha cervexa en Castrelos en casa da Socorro.
Contoume que a enfermidade non era tal, solo un ataque de histeria. Que seguramente cun par de ostias tanto o enfermo maxinario como a quen le deu pábulo, houberan evitado a sua intervencion e o meu paseo”
Creo que osarxento, inda anda buscando a casa de putas, para facer unha inspeción de carácter sanitário.





3 comentarios:

  1. No pude aguantar la risa imaginando la cara del sargento con la respuesta del médico.Comprensible el enfado del médico, hombre, algo tan precipitado en plena noche por caminos de carros solo es justificable para un caso de vida o muerte....
    Usted que puede, disfrute de ese huerto que aunque el tiempo no acompañe siempre se puede replantar lo que se hiele, aunque esto retrase la cosecha que al final siempre será propia y de fiar, que hoy día eso es un tesoro aunque todo dependa de lo que caiga del cielo...
    Saludos.

    ResponderEliminar
  2. Para coller o enfermo e familia e darlles un sustiño, :)
    Supoño que disfrutarás vendo a colleita sementada, Xabres.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar
  3. Levas muito tempo calado. Espero que non pase nada malo.

    ResponderEliminar