domingo, 23 de noviembre de 2014

A ESCALEIRA

                           
 

                             A ESCALEIRA

 Estaba no cimo da escaleira o sol. Era no mes de Febreiro nas horas do medio dia. Probablemente, cun cacho de pan de negro centeo,un grolo de auga e aquelas raiolas de sol,serian a comida do día.
 O empardecer, algo antes do serán ian chegando os mozos a refuxiarse debaixo da súa escaleira mentras esperaban a chegada da res, sempre tanxida por pastores portugueses. Éstes, alá pola  parte raiana de Traas os Montes, inda eran mais desgraciados que os xabreses, cousa que xa era dicir.
 Detrás dela caia a auga resbalando polos carouxos da xeada da noite, que case chegaban as lastras do que o mellor algún dia fora un balcón.
 Toda vestida de negro cun pano na cabeza rematado cun nó no alto, cuberto o corpo, solo deixaba ver os ollos e unhas mans sarmentudas con dedos norrigosos que denotaban xa unha certa idade na sua propietaria e tamén que a artrosis xa estaba a facer das suas.
 Houbera concello dos veciños pola mañá. Como sempre a xuntanza fora debaixo da sua escaleira.Alí falouse de casi todo, de arreglar camiños, de ceibar partes dos pastos, mais fundamentalmente dunha cousa que se puxera de moda : De como arreglar o pais. De como se poderia vivr mellor, de como axudar as clases menos favorecidas a sobrelevar a sua senectud dunha maneira maislevadeira para eles.
 Falouse de aportar entre todos algo para axudar as catro persoas que vivan solas de mais de setenta anos e que xa case non se podian valer por si mesmas.
 Duas personas marcharon da xuntanza, xa non les interesaba aquelo. Escoitouse decir a unha: xa non sirven para traballar de xornaleiros.
 Un rapaz novo teimou na idea de axudar a quen o necesitase, vinte persoas lisqueron, pous o quedar menos as axudas serian mais gravosas para o resto.
 Os que qederon, eran todos xornaleiros, de todos é sabido que no inverno non hai xornais, todos estaban a dúas velas, todos tiñan fillos e mulleres.
 Quedou o rapaz novo solo. El inda vivia do pouco que le podian dar seus pais. Subiu a escaleira donde estaba a dona da casa-queria tentar consolala.
 Acabou sendo consolado pola velliña. Ela, dixo, non necesiaba nada.
 Marchou chorando a sua casa.
 Estaba pensando en todo aquelo, o rapaz, cando sentiu tocar a campa a sinos.
 A Velliña da escaleira, atoperan-na morta no seu talliño.

1 comentario:

  1. Triste pero certo: cada un mira para o seu.
    Gran rapaz era este de debaixo da escaleira.

    ResponderEliminar