miércoles, 2 de diciembre de 2015

¿A ALGUEN LE IMPORTA A FAME?



 
Hoxe, dia 2 do Nadal de 2015, as cinco é media da tarde sain a dar unha volta polas ruas, para estirar as “patas” e tentar de que a gordura non se siga cebando con un.
Nada mais encetar a andaina e case diante do portal da casa donde vivo, vi un home debruzado nun contenedor do lixo( non é a primeira vez que o vexo, él ou a outros coma el), estaba, polo que deduxe, buscando comida ou algo que se le parecera.
Ia ben vestido, con pantalóns de pana, chaqueto de punto enriba da camisa, e cunha mochila nas costas. Desas mochilas que tamen adoitan levar os nenos o colexio.
Era un home delgado e que polo que ví mais tarde camiñaba a un bon paso.
Sin encomendarme a naide decidin seguilo para enterarme da sorte que tiña, na sua busqueda. Unhas veces eu paraba dinte de algún escaparate, mentras él rebuscaba nos “contenedores”, e outras esperaba que acabara,  e deixaba que camiñara diante de min
Desde a rua Sanjurjo Badia, e Garcia Barbón, hasta a rua Urzaiz, donde decidin non facer mais de investigador ocasional, e tamén porque alí tivo que deixar de rebuscar nun par de caixons porque xa estaba outro home rebuscando.
Podo decir que nese par de kilometros, mais ou menos, que fun detrás del non sacou nada de ningún dos contenedores que esculcou.
Veise que a xente non tira restos. Non están os tempos para tirar nada.
Quedei pensando en cual seria o percorrido daquel home, e o resultado final. Penso que casi podria pronosticar que nefasto.
Andan decindo que a economia se recupera, pero eu penso que a recuperación, para moitos, é NEGATIVA, por moito que a propaganda dos partidos venda fume de follatos.
O triste do caso, é que os mesmos que sufren a situacion descrita, son capaces de votar ós mesmos de sempre. Un nunca sabe moi ben que pensar.
Non vai moito vin unha viñeta con dous indixentes debaixo de unha ponte, que se decian un o outro que votarian o mesmo, por se era o caso.
Mentras tanto o Axuntamento de Vigo xa empeza a gastar cuartos nas luces que anuncian a navidad.
Estes dias recolleuse no banco de alimentos un monton de toneladas de alimentos que a xente donou.
PORQUE OS PARTIDOS POLITICOS E OS ENCATGADOS DE XETIONAR A “RES” PUBLICA, NON TOMAN CONCIENCIA DA SITUACION, E TENTAN PORLE REMEDIO?.
Xa estou hasta as gonadas de que seamos os ciudadanos os que tentemos parchear estas cousas, cando desde os lugares donde se manexan os cartos públicos, fan mangas e capirotes cos mesmos, e importales un carallo as necesidades de humanos como eles ou mellores, e que naceron polo mesmo lugar que eles, mais en sitios distintos, estan a pasalas putas, e nin eu nin o resto de ciudadanos, cobramos IMPOSTOS (a vebrab ben de IMPOSICION), para solventar ou paliar estas situacions.
Mentras a politica non poña en primeiro lugar as persoas, e sobre todo as mais necesitadas, os politicos conmigo que non cunten.
Con o derroche e luces e outras “mamandurrias”, ¿cuanta xente se poderia sacar do eido da fame?

No hay comentarios:

Publicar un comentario