viernes, 11 de diciembre de 2015

VOLVENDO A UTOPIA.





 Despous de un montón de anos, de varias legislaturas, da haber sido embaucado por un “cristiano” alá polos primeiros anos da mal chamada democracia (lástima que me dera conta tarde), que sabia vender area no deserto e que embaucou a moitos en beneficio própio(prensa dixit, non sexa que me denuncie) chegamos a actualidade.
   Chegamos, digo, aunque sexa a trancas e barrancas, a actualidade, donde parece que hai xente, digo XENTE, que está disposta a dar a cara pra mudar o rumbo deste barco, cuxa deriva é catastrófica se non se corrixe. Catastrófica para uns moitos e olvidados de todos incluso da man de deus, e collonuda para catro escapados da cova de Alí Baba.
   Onte estiven nun mitin, (non son moi amigo destas cousas), nunhas escaleiras do Auditório do Mar. Parece ser que pra corporación actual de Vigo, os da MARA GALEGA, non somos xente a que se le poda deixar un espacio da cidade, mentras eles se senten na cadeira e teñan a candieira de mando. (As candieiras queimanse, e ás vegadas cambian de man).
  Alí nas escaleiras, sentados en cadeiras que compañeiros se ocuparon e colocar, e cunha cousa diante, que era digna, cun atril incluido, que os oradores non necesitaban nada mais que pra apoiarse, pous o que tiñan que decir, éles tiñanho moi clariño, cambiar o rumbo da nave, e ter en conta os mais desfavorecidos.
  Desde  o primeiro orador, Breogán, pasando por Martiño Noriega, Alkexandra, Anxela e o vello camarada Beiras, todo foi na mesma direción UNIDADE DAS FORZAS GALEGAS, e o mais importante para min: CON VOZ PAUSADA E SEN DEIXAR DE MOSTRAR AS FALACIAS DOS ACTUAIS ADMINISTRADORES DA “RES PUBLICAE”.
  Son poucos os anos de diferencia entre Beiras e eu, igual ca de moitos xoves que alí estabamos.
  Sintome orgulloso dunha xeración, que nun momento foi ilusionada e enganada por aqueles ós que votemos. Sintome orgulloso de apoiar a un movemento de xente nova que quere cambiar as cousas en favor dos mais desfavorecidos fundamentalmente, e de todos se nos deixan.
  ANIMO AMIGOS,E  PODEMOS LEVAR ESTA MAREA A MUDAR AS COUSAS NO NOROESTE DA PENINSULA. (NON NOS OLVIDEMOS DE PORTUGAL).
  (DIGO O QUE SE LE DIXO A ZAPATERO: "NON NOS DESILUSIONEIS OUTRA VEZ. TEMOS MEMORIA)

No hay comentarios:

Publicar un comentario