martes, 5 de enero de 2016

LEMBRANZAS FUTURAS




 Nas airas das Pirlas, as rapazas xogaban a saltar a comba con cantigas, nalgúns casos con letras invetadas por elas, outras importadas de allende o Padornelo, e que nalgún momento foran cantadas por todos os lugares de fala  “castellana”, como aquela que dicia “ el cocherito leré, me dijo anoche leré que si queria leré montar en coche leré, y yo le dije leré, no quiero coche leré que me mareo leré........... etc”.
 Os rapaces, nas outras airas xogaban, uns “O collido i o parado” ás “iscaras” e outros a billarda e o irá.
 Algunhas veces os xogos tiñan que ver coas costumes labregas da zona. O xogo mais común era o de pastores, ovellas, lobos e cans.
 O xogo dos pastores consistía en que un rapaz era o pastor, un par deles eran os mastins que gardaban as ovellas do lobo. As veces levaban carrancas. Outro par de rapaces eran os lobos que tiñan que atacar ó magote coller o maior número de rixelos para comelos e o resto de rapaces e rapazas,no xogo participaban todos, representaban as ovellas cabras, cabritos e cordeiros.
 Os lobos adoitaban ser os mais grandes da pandilla, e os cans igual, habia as veces grandes grescas entre lobos e cans, chegando a verdadeiras liortas entre eles, cousa que as veces era levada o terreno personal dos actores.
 Cando o pastor e os cans estaban distraidos, os lobos entraban a saco no magote e os mais pícaros adoitabar agarrar ovellas que se correspondian coas rapazas mais repoludas, chegando a mais ou menos nas refregas. Sempre habia algún que se pasaba, e algunha que se deixaba.
 Co sol posto tocaban as campas da igrexa a anxelus, e era a hora de que todos volveran cada cual o seu redil.
 Eran as datas do Natal, que celebraban o nacemento dun rapaz palestino nun pesebre, nunha aldea chamada Belen. A cousa era demasiado triste se non fose por que na hora da cea habia terroxas a encher. Contabanme algunha vez, que polo oriente  do noroeste, habia un rapaz que decia que cando fose maior, queria ser crego.Cando le preguntaban porqué queria ser crego, él sempres respondia: Pra comer pantrigo con azucar.
  Un ano alguen trouxo, por aquelas datas un turrón dos duros é negro. Gustaballe a todo aquel que o comia, ainda que os mais vellos tiñan problemas a hora de rillalo. Sen dentes é moi dificil roer un turrón autentico.  A moita xente esbarabaraballe o sangue polo queixo, porque tentaban rañar coas arnelas e as encias.
  Pasou o tempo, xa non se xoga o parado e collido nin a lobos e cans. Houbo un tempo no que, por as mesmas datas, comiase turrón duro, blando e outras lambiscadas, mais pola pouca vergoña dalgúns, as poucas ganas de loitar dos mais e o adocenamento de todos, as cousas estanse a por peor que nos tempos nos que o maior regalo do Equinocio de inverno eran unhas boas terroxas de pan de centeo, ovos de pita caseira e azucar blanca.
  Se a cousa non mellora, mellor dito se non facemos por mellorala, acabaremos todos, mellor dito acabaran todos os que queden vivos, rillando raices, ainda que sexan de xesta.

6 comentarios:

  1. Postos a raicear, de xesta mellor que de uz, que as raíces de uces sonche moi duras. Bo ano!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Igualmente bo ano. a raiz das xestas amarga o seu.

      Eliminar
  2. A ver por onde van os tiros.
    De todos os xeitos: feliz 2016 !.

    ResponderEliminar
  3. Gracias e que o novo ano non sexa peor que o pasado. Supoño que Leo e Xela x estan mozos.

    ResponderEliminar
  4. Por apuntar un detalle: en inverno hai solsticio, non equinoccio.
    Non sei eu se as cousas se están a por peor... estanse a por distintas, ás veces peor, ás veces mellor. Nalgunhas cousas imos pra atrás pero en moitas imos hacia adiante.

    ResponderEliminar
  5. Efectivamente nesas datas é o solsticio de inverno, os equinócios están na primavera e outono. ¡Vai un xa vello!
    Desde que teño uso da pouca razón que teño (vaia xogo de palabros)sempre pensei que a xousa, ou "res" pública iria mellorando, se tomamos o cambio de ciclo como dato normal, si. Pero se o cambio non o queremos ver, imos fodidos. mellor dito iran fodidas a xeracions seguintes.

    ResponderEliminar