lunes, 8 de febrero de 2016

POUCAS BROMAS COA NATUREZA





 Hoxe, mirando unha fotografia da Alta Xeabra na que se ve neve, o parecer bastante abondosa, lembreime da anécdota ou conto,(mellor esto último), que me contaba a miña avoa Martina, cando inda eu le chamaba "mamá Martina". 
  Veredes; o asunto ía sobre o acontecido a un paxariño que sobrevive desde sempre nos altos cumios da Xeabra trasmontana. Eu coa Xeabra donde nacín, teño un feixe de ideas as veces contrapostas,mais ás que endexamais renunciarei, precisamente por eso, e por considerar, para os nacidos alá, unha verdadeira riqueza. Explicome: Nunca sabrei, cando estou na zona ou falo dela, se son Leonés, Galego ou Portugués. Calquera das cousas sirveme, e moito mais se as amalgamo e decido ser de todo un pouco, ou un todo cando a referencia son os habitantes da zona, aqueles que xa os romanos de nominaban Zoelas.Poderiamos chamar a bisbarra, zona Zoelorum.
  Bueno, marchei polas gallas do carballo, cando o que queria falar era sobre un páxaro, como dixe, habitante da zona a tempo completo. Quero decir que non emigra. Seguramente él, o pardal o merlo e a carrixa, son dos poucos que non emigran.  Teñen mais sorte que nos, que fumos obligados a facelo, senon queriamos comernos uns os outros.
 , O páxaro en cuestión, por alí ten vario nomes, dependendo da zona. E coñecido como Paporrubio, Porquiño do Rei, Porcopisco, e no idioma de Castela como Petirrojo. Seguramente se me olvida algún nome mais.
  Este paxariño, moi quequeniño, adoita andar detrás dos labregos cando andan furgando na terra, pra sementar algo, ou preparala para o mesmo.Non le ten demasiado medo a xente, e se adoitades a falar con él nun tono agarimoso, e capaz de acercarse de forma un pouco perigosa para él, pous non desconfia como é o caso dos pardais.
  Decia a avoa Martina, que cando os paxaros falaban, unha vez un Porcopisco, que despous do inverno, nun dia da primaveira no que conseguiu un enchente de miocas, andando detrás dun home que cababa a terra, aproveitou unha raiola de sol que se colaba entre dúas néboas, pra espanzurrarse coas patiñas hacia arriba, pra que o sol le quentase a panza, e mirando pasar as neboas, pensou que podia con todo despous de ter a panza chea.
  Sentiase tan forte, que pensou e dixo: Agora mesmo seria capaz de aguantar o mundo coas miñas patas. Estando nesas, estalou un trono fortísimo que foi precedido por un lostrego arrepiante.  Entonces o pobre paxaro, reflexionando e con medo dixo: Meu Deus non fagas caso deste pobre paxariño, e bastante mentiroso.

2 comentarios:

  1. Gustoume o conto do porcopisco.
    Hai unha lenda que di que ten a mancha no peito de tirarlle unha espiña do corpo de Xesús e que, por iso, será sempre respeitado polos homes.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Non coñecia a lenda, si a d reiseñor coa rosa.
      Apertas.

      Eliminar