martes, 31 de mayo de 2016

¿CUANDO SE PERDE A SOMBRA?




 
                    UN INTRANSLÚCIDO
Mañá aquela, na cual o sol estaba escondido detrás duns nubeiros enormes, que desde o alto do Monte Muga hasta o Alto do Ladeairo, non deixaba que as sombras acompañaran os intranslúcidos.
No noso conto, habia un home, que vivia no val entre os dous montes mentados, que naquela mañá estaba anguriado, sen saber moi ben o porqué- Tiña unha desazón no peito que non o deixaba ser quen en realidade era. Non sabía o porqué daquela anguria
Sabía que aquel día tiña que ir a tapar a auga pros prados da serra, e, como o camiño de ida e volta seguro que le facía consumir unhas seis horas, foí polo que, nada mais tomar a parva, empezou a subir de cara a serra.
Na metade do camiño, seguía coa mesma sensación e anguria. Faltaballe algo e non sabia o qué.
Cando xa chegaba a mallada da serra, escomenzou o sol a lucir. Deuse conta porque le caia na testa, e facia que le fose difícil o camiñar, por mor de que o sol dáballe nos ollos. Maldeciu que non se acordera de levar o chapeu que adoitaba ter pras ocasións parecidas.
Tapou a auga dos regos para o seu prado da Farrapada. Mentras estivo atareado cos regos, os terrois, e dirixiu a auga hacia as tobeiras dos lirgois, ós que a cadela ía agarrando e pondo nun montón na beira da poza.
Cando acabou o traballo, despous de limpar os borceguís, e amalloarse de novo ós amallós, iniciou o camiño de volta hacía o val.
O baixar pola ladeira, o sol incidialle sobre as costas. Nun principiu non se fixou, pero escomenzou a darse conta de que algo raro sucedia. De Repente, caiu no que pasaba: O sol daballe nas costas e sin embargo él non via a sombra. ¡No facia sombra!
Revolveuse mirando para todolos lados, e ¡nada, a sombra non aparecia!
As veces a sombra aparecia fugazmente e de xeito insospeitado en calquer lugar, e a él parecialle que se mofaba. Polo menos bulra facialle dabondo. Foi baixando pola ladeira do monte, coa sombra aparecendo donde menos o esperaba, unhas veces con cara de bruxa malosa, e outras rindo de maneira endemoniada, deixando ver un solo dente naquela boca fedorenta, e chea de arnelas no resto das enxibias.
Cando chegou o val,tiña que pasar o riu nas poldras, e o ir no medio resbalou e caeu na cachoeira.
Non se resistiu.
Alguen que o viu relatou que ia riu abaixo, aboiando e cos brazos en cruz, hasta chegar o Fervenzón donde deapareceu definitivamente e nunca mais se soupo del.
Por aqueles dias, un incrédulo home dun dos lugares, morreu coincidindo coas datas ateriormente relatadas, morrera pola mañá, e na mesma hora na que o noso home caeu polo Fervenzón, foi enterrado na parte impia do Sagrado. O lugar sagrado era pros que pagaban a bula.

No hay comentarios:

Publicar un comentario