viernes, 9 de abril de 2021

 


                                                             



 Onte, por fin, recibimos a primeira dose da vacina, e queria contarvos a miña impresión sobre o tema.

 Como sabedes, temos moito rebumbio sobre a pandemia, e sobre a vacinación , sobre todo polas noticias de unha das vacinas e polo desorden sobre esto, a nivel nacional e comunitario, que parece que estemos todos en paises dictintos.

 Ó que queria ir: onte vacineronnos no Infevi. Despous de cuantiosa información do que pasaba en distintas ciudades da Peninsula, domde o desorden e ma planificación cabreou a xente, nesas vacinacións masivas, eu tiña as miñas dudas do que pasaria no recinto ferial.

 Cuando cheguemos o recinto, pensei que seria a xornada dura, pois a afluencia de coches e persoas era moi grande.

 Entremos no recinto, e a miña percepcion empezou a cambiar; habia moita xente informando e axudando, (hai que pensar que os citado eramos maiores de setenta anos). Habia unha organización, moi efectiva encauzando a xente a distintas filas, que leveban ó primeiro control e de este o punto de vacinación, que si non recordo mal habia 21 puntos de vacinación. Pra ilustrar esto solo podo decir que desde que entrei hasta estar vacunado non pasou nin media hora. Como habia que estar 15 minutos esperando antes de sair, por si habia algún problema sanitario. Solo decir que no cecinto ferial solo estivemos arredor de unha hora.

 Cando xa nos marchabamos, eu quixe agradecer o personal a atención e a rapidez da vacinación, acerqueime a un punto donde habia batas blancas e preguntei se habia  un responsable para falar con él e o mismo o que preuntei dixome que o fixera con él , cousa que fixen decindole que le daba as gracias e os felicitaba pola organizacion.

 Señor co que falaba. agradeceume as miñas palabras e dixome que en realidad casi todo o que recibian eran queixas, cousa que eu non entendí o porqué pois eu solo vin amabilidade, boa organizacion e axuda, en todo que me rodeou.

 Teño que decir que toda a organización, debese o Servicio Galego de Saúde na Area Sanitária de Vigo-

 Repito grazas a todos os que fixeron que todo marchara ben e rápido. É o agradecimento de un ciudadano de case 78 anos.

 Xa para acabar solo decir que lamento que as autoridades politicas non teñan en conta os Centros de Saude, e oblguen a moita xente a desplazarse o Infevi, que a moita xente quedalle lexos. Moitos tiñan que ser axudados por taxistas, amigos e familiares que tiñan que deixar. temporalmente.o traballo.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario