sábado, 25 de julio de 2009

DISQUE.....DICEN....DIGO.

Dícese..... dicen.....disque se decía. Entre dimes e diretes pasaban as xeiras das xentes de Val dos Marcos.
Xa as follas dos almanaques foran reemplazadas, igual que os calendários varias veces, desde o día en que soterreran a un veciño do “pueblo”, chamdo”ti” Germán.
Nunca fúi quen de enterarme, do porqué daquela lenda que xurdíu despois do seu pasamento.
Coido que aquel home era de unha familia na que xa case por tradición abundaban os cregos, é xa se sabe que a maioria deles son bastante descreidos, é este seu descreimento facía que as almas xinxelas o fin fixesen das súas.
Dicen....dícese....disque decian que, unha vez morto, o espiritu daquel home collera o costume de vestirse de pantasma de cando en vez, e dedicábase a espantar ó personal é meterles no corpo uns calotes de morte.
Entre outras aparicións, disque...dícese....decían que nunha ocasión, collérale gusto a aparecerselle o “ti Carlos, que tamén tiña na súa familia mais de unha sotana, das vellas é das mais novas.
O caso parece ser que, unha vez que o “ti” Carlos, saíu a canada do Salgueiro de noite, seguramente a “tirar o pantalón”, cando volveu a entrar na casa, ia albo, cos pelos de punta, e sen fala. Cando recuperou esta última, deu conta do seu encontro coa pantasma do difunto.
Os rapaces, é os non tan rapaces, tremian polas noites e tamén a pleno sol, si se atopaban de vaqueiros, sobre todo naqueles lugares maís aillados e solitários, ós que por culpa de apacentar as vacas tiñan que ir forzosamente.
Un dos sitios donde a “vox populi” referia varias incursións da pantasma do ti Germán Bernaldón era a Gurgoza, sitio mistérioso de seu, e tamén lugar donde os porcos monteses gostaban de reborquillarse nas lamas de negros bulleiros que por alí hai. sobretodo no Navallo. Os mais vellos do lugar falaban dos osos buscadores de mel nos colmeares da Illande.
Tocoulles ir coas vacas a dous rapaces daquela. Un rapaz e unha rapaza os cuales oxe xa teñen netos os dous. Unha vez nos pastizais de Belois e no fondo da Gurgoza, e xa cando as sombras indican que o sol está mais cerca dos yankees, que dos portugueses aconteceu a aparición da pantasma daquel home tan amigo de amolar a nenos e menos nenos.
Saindo da parte alta dos prados, de entre as urces, unha figura informe, ainda que según dixeron despois, era medio redonda, baixou roullando a boa velocidade hasta o rigueiro.
A rapaza, nada mais ver aquelo so puido berrar, ¡ahí vai o “ti” Germán!, ¡Seguro que ven por nós!. Casi a punto de quedar estarricada alí mesmo, o ver que o seu acompañante, como ipnotizado, corría hacia o lugar onde a pantasma se metera no rigueiro.
Xa a punto de perder o sentido,viu que o rapaz volvía prados arriba, perseguido pola pantasma, a que de cando en vez se abalanzaba sobre os talons do mesmo.
Cando o rapaz chegou a caron dela todo fachendoso, amosoulle como era a pantasma: era redonda, tiña, folliñas, e raíces. Era de unha cor verde tirando a blancuzco e mediria case un metro de diámetro.
Disque...dicen....dixéronme que o pobre “ti” Germán convertírase nun fermoso chaguazo.
Menos mal que aquel rapaz non tivo medo, pois senon houbera sido así, ainda a pantasma andaría, polos cabocos de Val dos Marcos.
(Esta história vai dedicada a señora Xon, que ma lembrou)

2 comentarios:

  1. Unha boa historia, como a maioría das de voÇe.
    Celebro ver que tes novo blog, cunha foto moi especial, que xa se publicara (en préstamo)en Brumoso. Xa estás linkado de novo. Pero resístome a quitar o anterior (quédame tanto por ler). Saúdos, Xabrés.

    ResponderEliminar
  2. Obrigado, amigo.
    Non é necesario que pidas permiso para nada, está voçe na posesión do meu "copy". Está dito.
    Apertas.

    ResponderEliminar