jueves, 8 de octubre de 2009

A LOBATA, O CARETO, O LABATO, O TI JOAO E O LOBO


O Careto, o Lobato, sua nai a Lobata, o lobo e o “ti Joao”

Hai quen di que, o lobo é unha alimaña astuta. Eu creo que é un animal moi listo.Creo que é capaz de resolver situacións adversas sobre a marcha, e sobre todo que é un ser moi valente
Vou contar unha história da que fún testigo real, xunto co meu tiu Manolo, e creo que o Agustín da tia Cecilia Caxera. Unha vez que estabamos de caza pola banda de Hermisende, xusto na ladeira que hai fronte a Penacoba acaeceo.
Estaba o “ti Joao” co magote na ladeira mencionada, daquela él levaba a res de nove ou dez casas.
Hai que decir que unha das fontes de riqueza-pobreza, de Val dos Marcos, era a gandeiria, por un lado a maior e por outro a pequena, que é a que nos ocupa. Era esta pequena gandeiria un pé das pequenas trebedes que sostiñan o pote co caldo de berzas.
Nas autocracias da raia, tanto de un lado como de outro, xa era dabondo subsistir.Coido que os portugueses son mais sinceros que os españois, pois as súas aldeas, sencillamente chamanlle autarquias.
O “ti Joao”, era un home, daqueles que deixan pegada na xente, tiña un carácter rexo, coñecia ben o seu oficio, e decianse algunhas cousas que o parecer el dixera ou fixera. Recordo agora dúas. Unha, cando polas noites, no café do Caxera nos xuntabamos para botar a partida, durante a media hora do “parte”, habia que non facer ruido para que os vellos escoiteran as trapalladas do rexime imperante no momento. Acaecia que cando acababan as noticias os locutores daban as noticias do tempo. Habia todolos dás ó final de todo unha seción que facia unha previsión do tempo para o dia seguinte, que invariablemente escomenzaba asi: TIEMPO PROBABLE PARA MAÑANA. Entonces o “ti Joao”, liscaba, e algún coñón sempre le preguntaba ¿Que tempo dan para mañá?, e él contesta:¡¡ Bo!, tempo probable!.
Noutra ocasión probou unha máquina de afeitar electrica, e dixo: ¡Que suaviña, nin se sinte!. Resultaba que non le quitara o protector as cuchillas.
Volvendo o lombeiro da Chaira Nova, vimos desde os pestanos nos que estábamos, como un lobo se acercaba ó magote. Os cans venteeron-no e escomenzaron a sua persecución. Os dous cans ian dreitos o lobo, mais a Lobata, que era mais veterana, non fixo o mesmo, simplemente cortoulle o camiño ó lobo que se viu atrapado entre os tres.
Organizouse unha boa trifulca canina, quexabanse os cais, pois non está moi claro que non se morderan uns ós outros. Detodolos xeitos tiñan ó lobo “amendrollado”, ainda que de vez en cuando algún dos cais queixabanse de xeito lastimeiro.
O“ti Joao”, acercouse ó campo da greña, co ánimo de axudar a derrubar o lobo, pois xa estaba frotandose as maus polos dez pesos que le podia dar o ti Emilo pola pel.. Levaba un garrote, como aqueles dos pastores xudeus, moi parecido o que sai nos libros de santiños é que retratan a Abrahan. Cando viu un momento no que le podía dar un garrotazo ó lobo, baixou o caxato con toda “ a alma”, mais éste, por arte de maxia retirouse, é o caxato mediulle as costa a Lobata, que dando un forte coinco, abandoou a pelexa, o que fixo que os cans tamen o fixeran. O lobo renqueante enfilou o camiño hacia Fontón de Porcas, eso sí sen rixelo.
Nunca le aticedes a un can, pois éste vai considerar que algo está facendo mal, é abandonará a contienda.

3 comentarios:

  1. Oh!! Pobriña da cadela!
    Creo que xa me faleras de este señor, porque o do "tempo probable" sóname de algo, jeje. Bicos!!

    ResponderEliminar
  2. Creo que te confundes nun nome: A Lobata, do Luis, era a nai do Careto, o noso can, e do Corbato, do ti Constantino. A cadela e os seus fillos deixaron lenda; seica eran capaces de facer fuxir media ducia de lobos ata máis alá da Canda.
    O ti Juan tamén deixou lenda. Facía bos chapeus de palla, á medida de cabezolas grandes como a miña. Non entendía moito da tele; a min confesoume que non lle parecían ben as películas, sobre todo as de guerra; non era capaz de comprender que mataran a tanta xente para facelas; parecíalle un prezo moi alto.

    ResponderEliminar
  3. Punxenlle o nome de Labato, porque non recordaba o de Corbato, efectivamente.
    Aquel home estivera antes na Teixeira, tamén de pastos, e na época do vrao, na serra facia os mellores queixiños que eu provei, coa leite das ovellas.
    Efectivamente, na "pelis" de guerra hai que matar a moita xente.
    Bendita inocencia!

    ResponderEliminar