viernes, 15 de enero de 2010

¿BRUXAS NA CALEIRA?



Estaba sentado, no alto da Serra da Escusaña no medio da raia, a sotavento do punto xeodésico que teñen alí instalado os portugueses, un chisco mais arriba da caleira, por donde o tratado de Liboa dí que pasa a fronteira.
No lugar onde estaba sentado habia unha acumulación de pedras, todas de xeixo, era unha morea como as que se fan no camiño de Santiago polos peregrinos.
O dia, ainda que soleado, estaba frio, pois viña unha brisiña, que antes de chagar alí, pasaba polo alto de Monte Muga que daquela tiña neve casi hasta Castrelos.
Andaba de caza por aqueles paraxes, e cheguera a hora de comer. Habia que facer un pequeño lume para asar un cacho de chouriza e unha lasquiña de xamón, beber un grolo de viño para repor forzas.
Habia uns dias que merquera unha petaca, desas de alpaca, para levar un pouquiño de café, que asentera a comida, non fose o caso que co friu cuallera.
Preparei un lumiño cuns gándaros é torgos, é puxenme a asar as viandas. A carón do lume, así como a un dez centimetros do mesmo, deitei a petaca co café para que fora quentando, para o final do banquete.
A comida ia transcurrindo perfectamente. Tiña ante min unha vista preciosa e moi descriptiva do que é o Ladeairo desde a raia. Hermisende desde alí casi non se vei, mais Sancibrao, sí. O pobo mesmo parece un tren subindo por alí arriba. De locomotora facia o edificio da igrexa. Non hai mellor cousa que velos lugares desde a distancia, e como mellor se aprecian. Xa dixo alguén que as árbores non deixan velo bosque.
Todo marchaba perfectamente, cando de súpeto a “Perla”, un dos mellores cans que tiven, levantou a cabeza, e escomenzou a rosmar. A min tamén me parecera escoitar algo indefinido, mais non foi mais que uns segundos.
A cadela acougou, e voltou a meter a cabeza entre as patas. Eu seguin facendole os honores a lasquiña de xamón e a chouriza, que por certo inda eran daqueles porcos cebados na casa. Neste caso na de meus pais.
De repente a “Perla”, deu un chimpo e púxose a ladrar, dun xeito bastante raro. Era como si ela mesma tivera medo.
Desta vez eu tamén sentin un ruido estrano, mais que un ruido, era unha especie de funguido raro é algo ameazante. Non dou tempo a averiguar de onde viña, pois durou pouco tempo.
A cadela xa non se deitou donde estaba, veuse ó meu lado, agachouse é pousou a cabeza enriba das miñas pernas, mirando para min como decindo ¿qué raio pasa?.
Acabei de comer, embrullei as sobras na servilleta, metina no morral, e nestas volveo aquela especie bufido, esta vez mais prolongado, e localizemos os dous, a cadela e mais eu a súa orixe: saia do montón de xeixos que estaban ó noso lado amoreados. Dei un salto, pois seguro que habia por alí algunha vívora, disposta a atacar.
Rebusquei por todalas pedras para ver de atopar algo, mais todo foi en van, por alí non habia nada. Lendas de meigas pola zona eu no coñecia. Aquello xa empezaba a ser mosqueante.
Decidín largarme dalí, baixaria ladeira abaixo hasta Campelo, e despois xa veríamos.
Encasqueteime o chaleco cos cartuchos e coa merenda, e agarrei a petaca para votar un trago do café.
O collela notei algo humedo e quente, quiteille o tapón que era de rosca, e vendo que estaba quentiña dispuxeme a beber un sorbiño de café con xeitiño para non queimarme, mais ¡Oh meigas e trasnos!, a petaca estaba valeira. Alí non habia nada.Estaba valeira.
Examinei o recipiente e descubrin que a parte baixa da bonita petaca estaba separada do resto. Por alí marcherase o café.
¿Quen sabe se non seria unha bruxa chuchona a que se zampou o meu café?
Cando ia a media ladeira, polas Mendreiras abaixo, ia sentindo unha risa socarrona dalguén que xudicaba do meu espirito.
Desde que crucei o Tuela no Fervenzón deixei de escoitala.
A bota de viña estaba case chea.

No hay comentarios:

Publicar un comentario