lunes, 25 de enero de 2010

¡FIN DA CAZA!


Parece ser que o noso pequeno cerebro engananos. Mais hoxe eu estou seguro que non so nos engana a nós, coido que engana a todo aquel que o teña. Seguindo este razoamento, poderia decir que o cerebro enganase a sí mesmo, pois forma parte de cada un daquel que o ten.
Perdoade polo “introito”, mais as vees danle a un ganas de decir paridas. Eso sí mais grandes das habituais.
Todo esto ven a conto, porque quero contar a última andaina miña polos montes, veigas e rios de Val dos Marcos, en busca de algunha proteína con pata ou plumas.
Cheguei o sábado a capital de Val dos Marcos éso das catro e media da tarde, outra vez se eu fose fino, diria as catro p.m., mais non o son nin p.. fata que fai.
Non puide ir de caza esas dúas horas de sol que le quedan ó día, pois en primeiro lugar os cáis marcheranse, e foi ben pois a choiva non deixou nada enxuto.
O domingo despois de decidir con meu irman que eu levaba o carro hasta a Cabeza das Fontes e despois veriamonos por alí. Efecrtivamente cheguei alí, e xusto por enriba da poula do ti Eduardo aparquei.
Cando estaba sacando as cadelas do “maletero” do coche, e metendome dentro do chaleque donde aparte dos cartuchos levaba a merenda e a bota de viño. Estando nesas sentin un pequeño ruido como de perdices que se levantan, e o levantar a vista vi trespor unhas perdices por enriba do prado do Mariquito de miña cuñada Maria, e cheguei a conclusion de que ian para enriba das fontes dos Millais.
Baixei ós prados, é no prado mencionado subín ó monte percorrendoo hacia a portela, volta para riba, volta para baixo, ¡nada non están!. Sube perto da caseta, baixa perto do penedo Mourón e nada. ¡Coño!, enganeronme e sabe Deus onde estarán. Quedábame o caboco sen percorrer, mais pensei que era demasiado cerca da zona do levante, vinte ou vintecinco metros é eso non é normal. Ainda por enriba as urces chegan a unha altura de dous metros, pois a beira do caboco fainas vizosas. Tentado estiven de non achegarme, mais un bon cazador non debe deixar ningún curruncho se esculcar.
Cando xa case estaba no caboco, de súpeto arrancou unha perdiz a que le fixen fogo, con moi pouca sorte para ela pois derrubeina cunha ala rota.
Aforrarareivos os detalles, mais sí quero deixar aiqui constancia do bon facer dunha cadeliña nova, menos de un ano, dos meus primos Modestiño e Marcelino. Desapareceu no monte hacia o caboco, e caboco arriba hasta casi a estrada, como non volvia, chameina, e tiven a ocorrencia de decirle “traila”., e cal no sería a miña sorpresa cando apareceu coa “gallinácea” na boca. Esto foi o mais importante dun dia de caza, no que por certo ví mais caza que en toda a tempada.
Tiven a tiro uns labancos en Veigadiz. Non disparei por respeto eles e o riu. Vi un magote de corzos en Lagoas de baixo, liscando hacia a chaira do Piñeiro. Subindo desde Cancelada hacia Lagoas, a mesma cadela quedouseme plantada diante de unha urces, das que saiu unha fermosa corza, a que deixei liscar, por tres motivos fundamentais e no seguinte orden de importancia: primeiro estaba moi lonxe da carretera, segundo xa estaba canso e non me apetecia andar con ela o lombo, e terceiro estan en veda.
Solo queda un recordo: Esa cadela se non se escaralla será e dará grandes alegrias a algún cazador, que espero ser eu.
Acabou para min a caza por este ano, cunha gran riula de caza portada a cinta, unha codorniz e unha perdiz, eso sí, en semanas distintas e non consecutivas..
Outra cousa importante, deime conta de que inda son capaz de camiñar bastante ben, e se a couse sigue mais o menos, inda podemos darle algún susto a caza no ano que ven.

2 comentarios:

  1. Parabens para ti e para a cadela. E a soñar coa próxima tempada, como soñamos coas vacacións do ano seguinte (os aínda non felizamente xubilados) en canto remata o mes de agosto.

    ResponderEliminar
  2. ¡Oes!, vouche contar un segredo, mais non lo digas a ninguen: Brumoso está nas últimas. Baixas pola Cancela hasta a Maria e non ves a niguen, subes polo esterqueiro é o mesmo.
    Contei que vivian, nestes dias, quince persoas. Menos mal que no vrao arreglase algo.

    ResponderEliminar